Innovation Start-Up Vigo Camp

Os quince participantes do Innovation Start-Up Vigo Camp.

O futuro da innovación empresarial pasa por Vigo

O Innovation Start-Up Vigo Camp chega ó seu fin con novas ideas de alto potencial de negocio

Case dous meses de convivencia para crear empresas innovadoras. O Innovation Start-Up Vigo Camp chega este xoves ó seu fin logo de sete semanas nas que quince titulados universitarios menores de 30 anos gozaron dunha enriquecedora experiencia, da man dun grupo de expertos do eido empresarial para adestrarse no desenvolvemento de ideas innovadoras con alto potencial de negocio. O proxecto, innovador en España, púxose en marcha grazas á colaboración de Zona Franca, Cámara de Comercio de Vigo e a Fundación Incyde, cun orzamento de 60.000 euros.

Innovation Start-Up Vigo Camp

Xornada de traballo no Innovation Start-Up Vigo Camp.

Os quince participantes deste ‘campamento’ foron seleccionados entre un gran número de candidatos de diversas titulacións e distintos puntos de España. Na área de Vigo, en Porto do Molle, puideron participar en xornadas de formación e traballo cuxo obxectivo é por en práctica novas metodoloxías para o emprendemento e potenciar o crecemento intelixente e especializado, acorde coas directrices europeas, xa que o programa aproveita os recursos financiados na rexión con Fondo Social Europeo a través da Fundación Incyde. Ese traballo concrétase no deseño e constitución de tres startups de alto contido innovador e creativo que poderán ubicarse nunha das incubadoras de empresas do Consorcio da Zona Franca de Vigo, de xeito gratuíto e durante un ano.

Seminarios, eventos e visitas

Os futuros emprendedores contaron coa axuda e consellos dun equipo de mentores formado por expertos en áreas funcionais da empresa e nas novas tecnoloxías base do desenvolvemento da economía do coñecemento. Ademais dos seminarios de formación estándar, os participantes tamén asistiron a eventos de networking con emprendedores e profesionais innovadores, e visitaron as instalacións de PSA Citroën Vigo, a Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), o centro tecnolóxico AIMEN, a Escola de Negocios Afundación e a Fundación Juana de Vega (Oleiros), ademais de participar na quinta edición do Lacon Network, coñecer o Coworking Vigo +qcoworking, asistir ás conferencias do TEDx Galicia en Carballo ou coñecer o programa da aceleradora de empresas e emprendedores ViaVigo.

Como complemento a súa actividade, os participantes abriron un blog no que veñen explicando en primeira persoa o seu traballo e impresións desta experiencia. Esta labor de comunicación e difusión completouse cunha páxina en Facebook e unha canle audiovisual en Youtube con vídeos propios nos que expoñen os seus proxectos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.