Uvas afectadas por diversos fungos, nas probas da investigación.

Uvas afectadas por diversos fungos, nas probas da investigación.

O CSIC presenta o maior estudo dos fungos que atacan á vide en Galicia

A Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) publica a súa investigación, que axudará aos viticultores a reducir o uso de funxicidas

A Misión Biolóxica de Galicia (MBG), dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), vén de rematar unha investigación sobre a variedade de razas de fungos que afectan ás cinco denominacións de orixe en Galicia, que permitirá aos viticultores escoller o tratamento antes dos primeiros síntomas.

Os resultados deste proxecto demostraron que os fungos que atacan as vides contan con distintas razas que condicionan o grao de agresividade, dependendo da variedade do viño, a orografía do terreo onde se atope o cultivo e a climatoloxía.

Os investigadores do CSIC e da Fundación Juana de Vega, na presentación.

Os investigadores do CSIC e da Fundación Juana de Vega, na presentación.

Ademais, a investigación permitiu coñecer en que momento se producen os picos máis altos de concentración de esporas dos fungos no aire, e o grao de afectación que estes teñen segundo o tipo e a localización da vide.

A xeito de exemplo explícase que en Monterrei (Ourense) e Ribeira Sacra (Ourense e Lugo) hai un número maior de esporas, pero non un maior número de enfermidades.

A anticipación aos primeiros síntomas da enfermidade permitirá un descenso dos tratamentos fitosanitarios, que contan cada vez con máis restrición por parte da Unión Europea debido aos restos que permanecen no medio e que son daniños para a saúde.

A variedade do viño e a orografía inflúen na contaminación por fungos

Estes resultados supoñen un avance na aplicación de tratamentos fitosanitarios, pois permite ás empresas destes produtos especificalos para que sexan máis efectivos e ao viticultor evitar o abuso de funxicidas.

Para obter os resultados, o CSIC-MBG empregou dous métodos de cuantificación de concentración de esporas no aire. Por un lado, a análise en laboratorio con microscopio, e, por outro, un método de identificación molecular, máis custoso pero máis rápido.

A investigación, que comezou no ano 2012, foi realizada polo Grupo de Viticultura, que dirixe Carmen Martínez, da Misión Biolóxica de Galicia Pontevedra (MBG), co financiamento da Fundación Juana de Vega e contou coa colaboración de cinco adegas especializadas nos viños galegos de denominación de orixe para a recollida de mostras.

Unha resposta a “O CSIC presenta o maior estudo dos fungos que atacan á vide en Galicia”

  1. O estudo “Idoneidade da cerveja na recuperação do metabolismo dos desportistas”, apresentado nesta terça-feira, foi baseado em relatórios e pesquisas de especialistas em medicina, fisiologia e nutrição da Universidade de Granada com o aval do CSIC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.