Xoves 25 Abril 2024

O cambio de hora só aforrará un 0,4% de electricidade en Galicia

Instituto Enerxético de Galicia (Inega) calcula que o cambio de hora previsto para esta fin de semana –co comezo do horario de verán, na madrugada do sábado ao domingo deberanse adiantar os reloxos unha hora (ás 02.00 horas serán as 03.00 horas)–, representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico, e do 3% para o sector servizos, alcanzándose unha diminución no consumo eléctrico total no conxunto de Galicia próximo ao 0,4%. Este aforro está cuantificado nunha cifra aproximada de 1,2 millóns de euros para todo o período.

O aforro motivado polo cambio de hora repercutirá sobre todo no ámbito familiar, xa que no industrial a estrutura de produción mantense de forma constante, con independencia do horario. Este cambio de hora permite, segundo o Inega, un maior aproveitamento das horas de luz, o que suporá empregar a luz solar para a realización de distintas actividades durante o día, reducindo deste xeito os consumos enerxéticos.

Publicidade

O Inega recorda que, para alcanzar este potencial de aforro, é preciso levar a cabo un uso racional e responsable da enerxía a través de pautas sinxelas, como prescindir da luz artificial cando non é estritamente necesaria; utilizar tecnoloxías de aforro en iluminación de baixo consumo; instalar sensores que apaguen ou regulen a iluminación artificial; ou optar pola renovación de fiestras para evitar as fugas de calor.

O cambio supón aforrar uns 1,2 millóns de euros aproximadamente

Inega ten a disposición dos cidadáns a Guía práctica de aforro de enerxía, que se pode consultar na súa páxina web (http://inega.es/publicacions/guias) e na que se sinala a importancia de adoptar hábitos básicos, como aproveitar en maior medida a iluminación natural ou potenciar a utilización de tecnoloxía eficiente mediante o uso de detectores de presenza, fotocélulas e outros mecanismos de regulación e control.

O cambio horario vén motivado pola novena directiva que rexe o denominado cambio de hora, de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea, vixente desde o ano 1981 e que se renova cada catro anos. Esta medida de modificación dos horarios comezou a xeneralizarse a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e diversos países decidiron adiantar os seus reloxos nos meses de verán para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación.

2 COMENTÁRIOS

  1. A Galiza nom pode ter o Horario WET mas as Canarias podem. Será por estar muito proxima a Portugal? Quem sabe..

    • É porque os españois non teñen porque chegar a Galiza e teren que cambiar a hora do reloxo. “Faltaría más!!”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea