160330drones

Lugo estuda o sector dos drones con 25 empresas e 150 profesionais

Analizarán as vantaxes do polo de aeronaves non tripuladas do aeródromo de Rozas

Máis de 25 empresas ligadas aos ámbitos da Xeomática e a Topografía e ao  deseño e desenvolvemento de aeronaves, así como profesionais do sector aeroespacial e investigadores de varias universidades participarán desde este xoves 31 de marzo ata o sábado 2 de abril nas xornadas sobre vehículos aéreos non tripulados, un foro tecnolóxico organizado pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topografía e o aeródromo de Rozas no que formalizaron a súa inscrición máis de 150 persoas, entre profesionais do sector e estudantes.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela Rey; a a profesora da USC na EPS e delegada territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topografía, María Iniesto; o director da EPS,  Tomás Cuesta García; e o deputado provincial delegado da área de Innovación e TICs, Pablo Rivera, participarán este xoves, ás 10.00 horas, no salón de actos da EPS, no acto de apertura destas xornadas de difusión da tecnoloxía e intercambio de coñecemento no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, o que popularmente se coñece como ‘drones’.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.