As empresas Situm e Imatia recibiron hoxe os galardóns que as distinguen coma gañadoras dos Premios Galicia Spin-off nas categorías Idea Emerxente e Selo de Calidade, respectivamente. O acto de entrega de premios tivo lugar na sede da Fundación Barrié da Coruña e ao mesmo asistiron, entre outras autoridades, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Banco Pastor e da Fundación Barrié, José María Arias. Representantes das universidades galegas, do mundo empresarial e da cultura tamén asistiron ao acto. A empresa de biotecnoloxía Celtalga recibiu tamén unha distinción ao resultar finalista na categoría Idea Emerxente. Os premios foron convocados polo Banco Pastor e o portal Gciencia, co obxectivo de distinguir as spin-offs galegas máis senlleiras pola súa traxectoria (Selo de Calidade) e pola posta en marcha de ideas innovadoras (Idea Emerxente). O presidente do Banco Pastor, José María Arias, destacou que a I+D segue a ser unha asignatura pendente para e economía española e sinalou que os premios queren distinguir ao empresariado galego “máis innovador”, un modelo de crecemento que é o que a entidade bancaria quere apoiar. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, apuntou que as empresas innovadoras, coma as recoñecidas nestes premios, teñen como distintivo a aposta pola internacionalización e suliñou as propostas innovadoras realizadas por Situm e Celtalga e a traxectoria de excelencia de Imatia. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pechou ás intervencións resaltando a necesidade das institucións de realizar unha aposta pola educación e pediu que as leis permitan ás administracións apoiar a formación e o emprendemento. Destacou a labor realizada polos investigadores e reclamou accións para evitar que teñan que emigrar a outros países. Ao acto, celebrado na sede da fundación Barrié da Coruña, asistiron tamén o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, o vicerreitor da Universidade de Santiago, Xosé Pereira, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Angel Ríos, o presidente da Confederación de Empresarios de A Coruña, Antonio Fontenla, o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Enrique Losada, e o coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara. Imatia, a empresa gañadora no apartado Selo de Calidade, é unha spin-off xurdida na Universidade de Vigo e especializada no desenvolvemento rápido de software innovador para empresas e administración públicas. O seu obxectivo estratéxico é a comercialización de produtos de software, o que fai a través das marcas Ontimize, Cividas e Elastic. Entre os méritos para a concesión do premio, atópase a súa traxectoria de excelencia ao longo de dez anos, nos que acadou fitos coma vender os seus productos nos países máis avanzados do mundo (EE.UU., Canadá, Reino Unido, Holanda) e situarse como provedor de empresas punteiras coma Inditex, BNP Paribas ou ADIF. Imatia conta actualmente cunha plantilla de 71 traballadores (moitos deles titulados nalgunha das tres universidades galegas) e prevé uns ingresos neste ano superiores aos 3,5 millóns de euros. Coma gañadora do premio Galicia Spin-off no apartado Selo de Calidade, Imatia recibiu unha oferta de financiamento por parte do Banco Pastor e unha peza escultórica exclusiva. Situm Technologies, spin-off da Universidade de Santiago, adícase ao desenvolvemento e comercialización da súa propia tecnoloxía de localización en interiores para smartphones. Situm desenvolveu unha das tecnoloxías máis precisas no mercado LBS, baseada nos coñecementos adquiridos polos promotores da empresa durante a súa etapa investigadora. Aínda que Situm so conta con algo máis dun ano de vida, a súa tecnoloxía implantouse xa en máis de 30 edificios espallados por diversas partes do mundo (Galicia, Madrid, Barcelona, EE.UU., Xapón e Colombia). O seu produto principal, Situm RTLS, é unha plataforma de localización en interiores para teléfonos intelixentes. O premio recebido ao resultar gañadora no apartado Idea Emerxente, consiste en 2.000 euros en metálico, unha peza de deseño exclusivo e unha oferta de financiamento do Banco Pastor. Pola súa banda, Celtalga Extract adícase a produción de extractos acuosos de macro algas procedentes das costas galegas. Os produtos obtidos aplícanse de xeito prioritario no sector cosméticos, aínda que tamén poderían utilizarse noutros campos coma a alimentación e a agricultura. As ventas da empresa acadarán os 250.000 euros en 2016. Coma finalista no apartado de Idea Emerxente, Celtalga recibiu unha peza física de deseño exclusivo. En Galicia, o Grupo Banco Popular conta con 260 oficinas e un total de 757.000 clientes, dos que 142.000 son pemes, autónomos e comercios. Mediante Pastor, Galicia é o principal mercado do banco, onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en créditos como en depósitos. Pastor apoia aos emprendedores e aos empresarios galegos e proba diso é que tras a integración no Grupo Banco Popular, sumaba algo máis do 18% de cota de mercado en créditos e actualmente a súa cota é xa do 22,6%. En definitiva, trátase de apostar por Galicia e de materializar o seu compromiso a longo prazo coas súas familias, empresas, autónomos e comercios. ç GCiencia é o portal da Ciencia en Galicia, unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. que se converteu nun medio de comunicación de referencia a través das súas reportaxes, entrevistas, audiovisuais, informacións e contidos multimedia, moitos deles trilingües. Ao longo de dous anos de existencia, GCiencia suma máis de dous millóns de visitas, cun constante crecemento en audiencia. GCiencia foi seleccionada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía e Competitividade, para o seu programa de Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación, converténdose así nun dos catro medios de comunicación de España que forman parte do proxecto.

Foto de familia dos premiados, organización e patrocinadores dos premios Galicia Spin-off.

Situm e Imatia reciben os Premios Galicia Spin-off

GCiencia e Banco Pastor entregan os galardóns nun acto na Fundación Barrié da Coruña

As empresas Situm e Imatia recibiron hoxe os galardóns que as distinguen coma gañadoras dos Premios Galicia Spin-off nas categorías Idea Emerxente e Selo de Calidade, respectivamente. O acto de entrega de premios tivo lugar na sede da Fundación Barrié da Coruña e ao mesmo asistiron, entre outras autoridades, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente do Banco Pastor e da Fundación Barrié, José María Arias. Representantes das universidades galegas, do mundo empresarial e da cultura tamén asistiron ao acto.

O CEO de Imatia, Fernando Vázquez, recibe o premio de mans do director xeral do Pastor.

O CEO de Imatia, Fernando Vázquez, recibe o premio de mans do director xeral do Pastor.

A empresa de biotecnoloxía Celtalga recibiu tamén unha distinción ao resultar finalista na categoría Idea Emerxente. Os premios foron convocados polo Banco Pastor e o portal Gciencia, co obxectivo de distinguir as spin-offs galegas máis senlleiras pola súa traxectoria (Selo de Calidade) e pola posta en marcha de ideas innovadoras (Idea Emerxente).

O presidente do Banco Pastor, José María Arias, destacou que a I+D segue a ser unha asignatura pendente para e economía española e sinalou que os premios queren distinguir ao empresariado galego “máis innovador”, un modelo de crecemento que é o que a entidade bancaria quere apoiar. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, apuntou que as empresas innovadoras, coma as recoñecidas nestes premios, teñen como distintivo a aposta pola internacionalización e suliñou as propostas innovadoras realizadas por Situm e Celtalga e a traxectoria de excelencia de Imatia.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pechou ás intervencións resaltando a necesidade das institucións de realizar unha aposta pola educación e pediu que as leis permitan ás administracións apoiar a formación e o emprendemento. Destacou a labor realizada polos investigadores e reclamou accións para evitar que teñan que emigrar a outros países.

Asistiron ó acto o alcalde da Coruña, o conselleiro de Educación e o presidente do Banco Pastor

Ao acto, celebrado na sede da fundación Barrié da Coruña, asistiron tamén o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, o vicerreitor da Universidade de Santiago, Xosé Pereira, o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Angel Ríos, o presidente da Confederación de Empresarios de A Coruña, Antonio Fontenla, o presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, Enrique Losada, e o coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara.

Imatia, a empresa gañadora no apartado Selo de Calidade, é unha spin-off xurdida na Universidade de Vigo e especializada no desenvolvemento rápido de software innovador para empresas e administración públicas. O seu obxectivo estratéxico é a comercialización de produtos de software, o que fai a través das marcas Ontimize, Cividas e Elastic. Entre os méritos para a concesión do premio, atópase a súa traxectoria de excelencia ao longo de dez anos, nos que acadou fitos coma vender os seus productos nos países máis avanzados do mundo (EE.UU., Canadá, Reino Unido, Holanda) e situarse como provedor de empresas punteiras coma Inditex, BNP Paribas ou ADIF. Imatia conta actualmente cunha plantilla de 71 traballadores (moitos deles titulados nalgunha das tres universidades galegas) e prevé uns ingresos neste ano superiores aos 3,5 millóns de euros. Coma gañadora do premio Galicia Spin-off no apartado Selo de Calidade, Imatia recibiu unha oferta de financiamento por parte do Banco Pastor e unha peza escultórica exclusiva.

Situm Technologies, spin-off da Universidade de Santiago, adícase ao desenvolvemento e comercialización da súa propia tecnoloxía de localización en interiores para smartphones. Situm desenvolveu unha das tecnoloxías máis precisas no mercado LBS, baseada nos coñecementos adquiridos polos promotores da empresa durante a súa etapa investigadora. Aínda que Situm so conta con algo máis dun ano de vida, a súa tecnoloxía implantouse xa en máis de 30 edificios espallados por diversas partes do mundo (Galicia, Madrid, Barcelona, EE.UU., Xapón e Colombia). O seu produto principal, Situm RTLS, é unha plataforma de localización en interiores para teléfonos intelixentes. O premio recebido ao resultar gañadora no apartado Idea Emerxente, consiste en 2.000 euros en metálico, unha peza de deseño exclusivo e unha oferta de financiamento do Banco Pastor.

Pola súa banda, Celtalga Extract adícase a produción de extractos acuosos de macro algas procedentes das costas galegas. Os produtos obtidos aplícanse de xeito prioritario no sector cosméticos, aínda que tamén poderían utilizarse noutros campos coma a alimentación e a agricultura. As ventas da empresa acadarán os 250.000 euros en 2016. Coma finalista no apartado de Idea Emerxente, Celtalga recibiu unha peza física de deseño exclusivo.

Numerosas autoridades déronse cita no acto na sede da Fundación Barrié na Coruña

En Galicia, o Grupo Banco Popular conta con 260 oficinas e un total de 757.000 clientes, dos que 142.000 son pemes, autónomos e comercios. Mediante Pastor, Galicia é o principal mercado do banco, onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en créditos como en depósitos. Pastor apoia aos emprendedores e aos empresarios galegos e proba diso é que tras a integración no Grupo Banco Popular, sumaba algo máis do 18% de cota de mercado en créditos e actualmente a súa cota é xa do 22,6%. En definitiva, trátase de apostar por Galicia e de materializar o seu compromiso a longo prazo coas súas familias, empresas, autónomos e comercios.

GCiencia é o portal da Ciencia en Galicia, unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. que se converteu nun medio de comunicación de referencia a través das súas reportaxes, entrevistas, audiovisuais, informacións e contidos multimedia, moitos deles trilingües. Ao longo de dous anos de existencia, GCiencia suma máis de dous millóns de visitas, cun constante crecemento en audiencia. GCiencia foi seleccionada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía e Competitividade, para o seu programa de Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación, converténdose así nun dos catro medios de comunicación de España que forman parte do proxecto.

O vídeo do acto da entrega de premios na Fundación Barrié:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.