Venres 19 Abril 2024

Galicia e Portugal impulsan un laboratorio transfronterizo de biotecnoloxía

A cidade de Braga acolleu este mércores unha xornada de reunións para impulsar o lanzamento do Clúster Transfronteirizo de Biotecnoloxía entre Galicia e Portugal. As representantes da Zona Franca de Vigo Teresa Pedrosa (delegada do Estado) e Rosa Eguizábal (directora de promoción económica) reuníronse con responsables do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía (INL), con sede na cidade lusa, e con investigadores do Departamento de Engenharia Biológica da Universidade do Minho.

Porto do Molle, en Nigrán, será un dos espazos de traballo do clúster

Este organismo especializado en biotecnoloxía contará cun orzamento de preto de dous millóns de euros, financiados en gran parte por fondos europeos no marco do programa Poctep (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal). O obxectivo deste proxecto é promover a cooperación, a integración e a competitividade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para convertela nun polo de excelencia no sector da biotecnoloxía.

Publicidade

Do mesmo xeito que xa se traballa no INL, no clúster afondarase en liñas de investigación como vixilancia dos alimentos e o medio ambiente, TIC, enerxías renovables e saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023