CIT Esteiro

Laboratorios do Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do campus coruñés de Esteiro.

Galicia incrementa un 31% o seu investimento en biotecnoloxía

O número de investigadores neste eido medrou un 39% na comunidade e o gasto público, un 37 por cento

A biotecnoloxía segue forte en Galicia. En 2013, a comunidade incrementou nun 31% o seu investimento interno en I+D biotecnolóxico, segundo os datos da estatística sobre uso de biotecnoloxía feitos públicos polo INE. Fronte a unha baixada estatal do 1,8%, Galicia aumentou en preto de 15 millóns de euros este gasto, ata situarse como a sexta que máis destina a este eido.

Por sectores, as empresas galegas destinaron un 17,6% máis que no 2012 á I+D en biotecnoloxía, mentres que administracións públicas, ensino superior e institucións privadas sen fins de lucro o fixeron nun 39%. Ademais, cómpre sinalar que o persoal empregado en I+D interna en biotecnoloxía se incrementou nun 26%, ata chegar a preto de 1.270 persoas. O número de investigadores aumentou un 39%, ata sumar preto de 830.

Ata 2020 van mobilizarse 1.600 millóns en Galicia para proxectos innovadores

A biotecnoloxía xa supón o 1% do PIB da Galicia. A Consellería de Economía e Industria destacou onte estes datos, “e a potencialidade do sector coa nova Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3, que mobilizará 1.600 millóns de euros en Galicia ata o 2020 en proxectos innovadores”.

A través dos fondos da RIS3, a Xunta pretende potenciar a biotecnoloxía como ferramenta de apoio ao desenvolvemento de produtos e servizos que produzan alimentos de alto valor engadido. Ademais, aplicarase a biotecnoloxía á cadea monte-industria, desenvolvendo produtos biotecnolóxicos para a medicina e a cosmética; e crearanse novos materiais de orixe mariño aproveitando os residuos pesqueiros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.