Martes 16 Abril 2024

Galicia exhibe músculo biotecnolóxico na feira BioSpain 2016

A USC participa no congreso BioSpain 2016 de xeito conxunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Universidade de Vigo e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) para visibilizar de xeito integral a potencia do sector biotecnolóxico. BioSpain 2016 é un evento bienal organizado do 28 ao 30 de setembro en Bilbao pola Asociación española de Bioempresas (ASEBIO) e co organizado nesta edición polo Goberno Vasco a través da Axencia de Desenvolvemento Empresarial Vasca. Inclúe unha feira comercial, un evento de partnering, un foro de inversores e conferencias con convidados nacionais e internacionais, sesións científicas da man de dez sociedades científicas e un Foro de Emprego.

logo_header

A delegación galega estará presente na zona de exposición nun espazo agrupado en 32 metros cadrados. Tamén haberá unha destacada participación dos asistentes na zona departnering e non faltará actividades de visibilización do sector biotecnolóxico galego en paralelo ás actividades propias do evento. Como explica GAIN, este proxecto de asistencia integrada conseguirá a maior representación galega en toda a historia do congreso BioSpain e unha das máis importantes representacións rexionais do encontro.

Publicidade

Bioga agrupa ás empresas de biotecnoloxía, un sector en progresión en Galicia

Segundo os datos do último informe Asebio, Galicia sitúase entre as primeiras comunidades españolas en canto á súa competitividade en innovación biotecnolóxica, sendo a terceira con maior actividade bioemprendedora no ámbito nacional. Ademais, a presenza de dous Campus de Excelencia Internacional galegos fan da rexión un dos principais focos estatais de xeración de coñecemento en ciencias da vida. Pola súa banda, a Xunta de Galicia publicou recentemente a Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía que sinala o sector como clave para a competitividade futura da rexión e prevé a mobilización de máis de 200 millóns de euros para a creación de máis de 30 novas empresas biotecnolóxicas e 300 empregos especializados. As estimacións prevén que este sector podería alcanzar en Galicia un nivel de facturación de 300 millóns de euros anuais en 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña