Xoves 28 Marzo 2024

Galicia conclúe unha peza de 15 toneladas para obter enerxía das mareas

O Proyecto Magallanes concluíu o desenvolvemento tecnolóxico do compoñente máis valioso e complexo do prototipo que servirá para obter enerxía das mareas. Trátase do centro da turbina, a buxa na que se ensamblarán as tres pas baixo o mar. O compoñente foi deseñado por Magallanes Renovables e a Universidade de Vigo, con achegas da enxeñaría especializada de Coterena, e implicou a achega tecnolóxica de 14 empresas de enxeñaría e provedores; pesa 15,5 toneladas, con 3,5 metros de longo. A tecnoloxía aplicada é de peso variable, para aproveitar as subas e baixadas das mareas, sendo a única peza destas características que permite mover o ángulo das pas 270 graos.

O proceso comezou hai oito anos e involucrou a máis de 40 investigadores

Proyecto Magallanes está a desenvolver e constrúe en Galicia un prototipo capaz de xerar enerxía a partir das correntes das mareas. Trátase do primeiro proxecto español desenvolvido a partir de tecnoloxía flotante e un dos que se encontra en máis avanzada fase de I+D+i do mundo. O proxecto foi concibido, producido e desenvolvido en Galicia, nun proceso de oito anos de investigación e probas no que participaron máis de 40 investigadores das tres universidades galegas e outros centros tecnolóxicos.
A montaxe da plataforma flotante realízase no Estaleiro Cardama de Vigo, nun proceso que consiste na ensamblaxe de máis de 300 pezas e compoñentes dun trimarán de 350 toneladas de peso, 42 metros de eslora, 19 metros de diámetro de rotores e 25 metros de calado. O prototipo Magallanes integra xeradores mareomotoras de 2MW de potencia.

MAGALLANESRENOVABLES002
Presentación onte da buxa.

Magallanes Renovables investiu case oito millóns de euros en I+D+i e prevé un investimento total de 13 millóns de euros ata chegar á fase de comercialización, no prazo dun ano.
Cada plataforma Magallanes ten capacidade de subministrar electricidade a uns 1.500 fogares, co que un parque Magallanes de 200 plataformas flotantes podería abastecer integramente a unha cidade do tamaño Vigo, Cádiz ou A Coruña.
O Proyecto Magallanes caracterízase pola súa sinxeleza e robustez, así como polos seus baixos custos de instalación e mantemento, tal e como xa foi testado no EMEC (Centro Europeo de Tecnoloxías Mariñas, nas súas siglas en inglés) co modelo Magallanes a escala 1/10.

Publicidade

A plataforma, que se monta en Cardama, permite mover as pas nun ángulo de 270 graos

O Proyecto Magallanes baséase en en producir e desenvolver en Galicia as plataformas que serán exportadas ás áreas con maior intensidade e velocidade das correntes mareais.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou este venres as tarefas de ensamblaxe da buxa na planta de Coterena en Vigo, empresa especializada en enxeñaría de alto desenvolvemento tecnolóxico con ampla experiencia na industria naval.
Os desenvolvedores do prototipo consideran que o xerador vai conseguir unha penetración importante e subliñan que, pola súa singularidade e simplicidade, ten un gran potencial de implantación polo seu uso dunha enerxía que ata agora se utilizou moi pouco.
A nova peza requiriu deseños moi novidosos para permitir alcanzar as potencias e é pioneira pola marxe de movemento que ten, ao permitir mover o ángulo das pas 270 graos, respecto aos 90 habituais.
Tras a realización de probas con prototipos máis pequenos, o trimarán está agora en fase de montaxe e está previsto que se probe no EMEC de Escocia dende principios de 2016 e durante dous anos, o que permitirá coñecer a súa eficiencia, rendibilidade e necesidades de corrección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Baterías con selo galego: así serán as futuras tomas de corrente transportables

Os equipos enerxéticos de Enercraft están fabricados con electrónica feita en Galicia

EEUU confirma o logro da fusión nuclear: “Simulamos unha estrela. Fixemos historia”

O Departamento de Enerxía dos EE.UU. logra, por primeira vez, que unha proba de fusión nuclear consiga producir máis enerxía da que consome

A UVigo aplica un plan de medidas urxentes para reducir ata un 30% o consumo enerxético actual

A xestión da calefacción e da climatización e o axuste da iluminación son accións prioritarias

Converter os excrementos das galiñas en enerxía: o reto cumprido da economía circular

O grupo de Energylab avanza nun proxecto para a transformación dos residuos contaminantes das aves como fonte enerxética renovable