Sesión de clausura do programa Mentoring USC, no Hostal dos Reis Católicos.

Sesión de clausura do programa Mentoring USC, no Hostal dos Reis Católicos.

Máis de 90 estudantes de Santiago recibiron orientación laboral no programa Mentoring

Un total de 141 mentores participaron na segunda edición deste certame na USC

A Universidade de Santiago clausurou este martes a segunda edición do seu programa Mentoring, que busca reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a piques de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias para orientar axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. Nesta ocasión participaron 141 mentores, e foron 91 os mentorizados que completaron o proceso con éxito.

A clausura do programa tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos nun acto que presidiu a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e no que interviñeron ademais o secretario xeral técnico da Consellaría de Política Social, Francisco Javier Abad Pardo; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; a directora de Institucións de Caixabank, Mª Jesús García Piñeiro; o alumno mentorizado Daniel Regueiro Varela, e o mentor José Carballo García.

Para a vicerreitora, “hoxe podemos constatar o éxito desta iniciativa, que unha vez máis mostra a importancia da cooperación entre empresa-universidade na consecución de obxectivos esenciais para a sociedade”. Dolores Álvarez destacou o altruísmo das persoas que se ofrecen como mentoras e se comprometen así a “guiar, asesorar e transmitir a súa experiencia ao noso alumnado”.

No mesmo acto, no que se lle entregou un recoñecemento a cada mentor, o vicepresidente de Aguas de Barcelona, Arsenio Olmo Chaos (O Courel, 1959), impartiu a conferencia ‘Traballo sen fin’. Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, Arsenio Olmo posúe un MBA polas Universidades Autónoma de Barcelona, Barcelona e Politécnica de Cataluña e un mestrado en Dirección de Recursos Humanos por EADA en 2001, e actualmente é tamén director xeral de Organización de Suez Water Europe.

O programa
Poden ser mentores ou mentoras calquera directivo/a, profesional ou emprendedor/a con preparación que estea disposto a dedicar unha parte do seu tempo a escoitar as inquedanzas dos estudantes e compartir coñecementos e experiencias. Comprométense a asistir ás sesións de presentación e clausura, na que os/as participantes comparten os seus resultados e experiencias. Ademais deben manter un mínimo de catro reunións coas persoas ‘mentorizadas’ no seu lugar de traballo ou por medios telemáticos durante os catro meses posteriores á presentación.

Pola súa banda, o alumnado debe tomar a iniciativa para contactar co mentor/a e con el/a planificar os obxectivos deste período e finalmente valorar o desenvolvemento do programa e os resultados obtidos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.