O teclado Android desenvolvido na USC.

O teclado Android desenvolvido na USC.

Nace o primeiro teclado galego para Android

Dúas 'spin-off' da Universidade de Santiago crean esta ferramenta gratis para móbiles e tabletas con escritura predictiva e diccionario

Xuntando desenvolvemento informático, lingüístico e de consultoria cultural, as spin-off Faz e Cilenis acaban de construír o primeiro teclado galego para Android e que poderá utilizarse en calquera dispositivo móbil con este sistema operativo. O desenvolvemento desta nova aplicación realizouse ao abeiro da investigación en Procesamento da Linguaxe Natural realizada na USC.

O resultado do traballo das spin-off de orixe universitaria é un teclado de balde e baseado en software libre que atende ademais a consideracións de usabilidade, escritura xestual, escritura preditiva e en continua mellora. Tamén inclúe un dicionario composto por medio millón de entradas, incluíndo na base de datos unha ampla variedade de erros comúns con dez mil correccións preditivas e erros frecuentes.

O sistema conta con máis de medio millón de palabras galegas

Como explican os seus desenvolvedores, é moi salientable o especial coidado que o dicionario deste teclado galego ten coas formas verbais conxugadas con pronome, das que inclúe máis de cincuenta mil referencias. Isto foi posible grazas ao coñecemento xerado con Cilenis Conxugador e aos estudos de lingüística de corpus do grupo de investigación ProLNat da USC, do que deriva Cilenis.

O obxectivo de Cilenis é a creación de aplicacións avanzadas baseadas no coñecemento e no know-how derivaod do traballo de investigación do grupo. Esta spin-off iniciou a súa actividade en 2011, ano no que tamén gaña o primeiro premio no Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC. En 2012, o analista económico e empresario Marc Vidal, a través da súa empresa IDODI Labs, converteuse en socio de Cilenis.

Innovación e cultura

Faz. Cultura e Desenvolvemento é unha empresa de base tecnolóxica vinculada á USC que traballa no sector da innovación ligada á cultura. Neste eido desenvolven proxectos con potencial estratéxico e foco en innovación, usando as TIC dunha forma transversal, na procura de estar en constante evolución e ofrecer respostas rápidas e eficientes ás necesidades do seu contorno.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.