Francisco Puga, de Delta Vigo, o notario Miguel Lucas e Teresa Pedrosa, na sinatura do acordo. Foto: ZFV.

Francisco Puga, de Delta Vigo, o notario Miguel Lucas e Teresa Pedrosa, na sinatura do acordo. Foto: ZFV.

A empresa aeronáutica Delta Vigo amplia as súas instalacións en Nigrán

A Zona Franca asinou coa compañía o acordo de compra de dúas novas parcelas, no que será a maior planta de fabricación do grupo

Delta Vigo, empresa galega fundada en 1947 que traballa na enxeñaría industrial, aeronáutica, a defensa e a automoción, asinou onte coa responsable da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, o acordo de compra de dúas novas parcelas no polígono de Porto do Molle que supoñen unha suma de máis de 15.000 metros cadrados ás súas instalacións.

Con esta operación, a compañía terá en Nigrán a súa maior planta de produción. Xa prevé, por tanto, ampliar a nave que inaugurarán o ano que vén, na que construirán compoñentes aeronáuticos de alto valor engadido e desenvolverán procesos de enxeñaría, fabricación, montaxe, control de calidade e ensaios de materiais, embalaxe e expedicións.

Para Teresa Pedrosa, a sinatura do acordo é o reflexo de que o parque está conseguindo a atracción de talento e de empresas con alto nivel de especialización. “En cinco anos conseguimos que se instalen en Nigrán máis de 110 empresas que xa xeran preto de 1.000 postos de traballo“, sinalou a delegada.

Delta Vigo ten a súa sede principal noutra das áreas empresariais da Zona Franca, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL). Tamén ten instalacións na estrada do aeroporto de Peinador e en Illescas (Toledo).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.