Un dos encontros da primeira edición de Agrobiotech. Foto: Tecnópole.

Un dos encontros da primeira edición de Agrobiotech. Foto: Tecnópole.

A segunda edición de Agrobiotech reunirá máis de 200 empresas

O evento, que se celebra os días 26 e 27 de outubro, será o punto de reunión do sector biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa

A Tecnópole de San Cibrao das Viñas acollerá os días 26 e 27 de outubro a segunda edición de Agrobiotech, lugar de reunión dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa. Máis de 200 empresas participarán no encontro, que forma parte do Programa Agrobiotech Innovación, promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Tecnópole.

Agrobiotech está concibida para abrir novas oportunidades de negocio a través da captación de clientes, a colaboración entre empresas, o contacto con novos provedores, a apertura de novos mercados e o acceso á información sobre prioridades e necesidades da Administración galega. A inscrición é gratuíta e pode formalizarse na web do evento.

Para cumprir con estes obxectivos, organizaranse varias actividades durante os dous días. O eixe central do programa serán un conxunto de charlas, mesas redondas e obradoiros sectoriais de carácter práctico, impartidos por expertos do sector.

Haberá tamén unha área gratuita de exposición para que os profesionais mostren os seus produtos e realicen presentacións e demostracións do seu traballo. Ademais habilitarase un espazo de reunión para favorecer contactos profesionais e institucionais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.