Isabel Rodríguez-Moldes, da USC, José María Arias, da Fundación Barrié, o conselleiro Francisco Conde e Asunción Longo, da UVigo. Foto: Xunta.

Isabel Rodríguez-Moldes, da USC, José María Arias, da Fundación Barrié, o conselleiro Francisco Conde e Asunción Longo, da UVigo. Foto: Xunta.

A Xunta prevé investir 2 millóns nos sete primeiros proxectos do plan Ignicia

Está prevista a creación ou consolidación de 50 empregos no sector das I+D+I

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Barrié presentaron este luns os sete primeiros proxectos seleccionados no programa Ignicia, que ten como obxectivo facilitar o acceso ao mercado ás iniciativas impulsadas polos investigadores galegos.

Nesta primeira fase, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) prevé investir dous millóns de euros, vinculados á creación ou mantemento de 50 empregos no sector. Foron seleccionados proxectos desenvolvidos ao abeiro das universidades de Santiago e Vigo e de Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. Son tres da USC: Matprint, relacionada coa impresión 3D de implantes biocerámicos e catalizadores químicos; Oncometa e Reprosteatosis, ambas para desenvolver novos fármacos, Outras tres nacen da Universidade de Vigo: Biofast, para a obtención dun biomaterial para rexeneración ósea a partir de dente de tiburón; Ubismart, vinculado coas aplicacións móbiles; e XHS Platform, con nanosatélites e provisión de servizos comerciais, e unha sétima, Face Idn, para a verificación biométrica online, a través de Gradiant.

Ignicia, que conta coa avaliación de expertos da universidade de Oxford, permitiralles a estes proxectos recibir asesoramento para achegar as súas ideas ao mercado. A primeira convocatoria manterase ata finais do 2018, aínda que a previsión da Xunta é prolongar as iniciativas ata 2020, cun orzamento total de sete millóns de euros e o apoio a 30 proxectos.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.