O súpercomputador Finisterrae II, do CESGA.

O súpercomputador Finisterrae II, do CESGA.

A Xunta crea en Ferrol un nodo de supercomputación para a industria

O Cesga colabora neste novo servicio que permitirá traballar ás empresas coas ferramentas da Big Data

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), porá a disposición das empresas unha potente máquina de cómputo e unha carteira de servizos avanzados que lles facilitarán o almacenamento e xestión de enormes cantidades de datos, tarefas estreitamente ligadas ao funcionamento da fábrica intelixente e das demais utilidades da Industria 4.0.

O novo nodo de computación, que estará dispoñible a partir do vindeiro 1 de abril, ten como obxectivo facilitar servizos de simulación, modelización numérica e analise de grandes volumes de datos para axentes industriais en Galicia. O financiamento desta nova infraestrutura en Ferrol forma parte do paquete de investimentos por valor de 5,5 millóns de euros realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en 2015 para optimizar os equipamentos xestionados polo Cesga ao servizo da empresa galega.

O nodo de supercomputación de Ferrol está pensado para a Industria 4.0

A simulación e a modelización numérica, xunto coa análise de grandes volumes de datos (big data), son tecnoloxías clave para que empresas industriais como as do naval acaden o nivel 4.0 e só son posibles mediante o uso de infraestruturas de supercomputación. As vantaxes asociadas a elas son a mellora de produtos e procesos industriais, a optimización da calidade, o abaratamento de custos, a redución dos tempos de deseño e producción e a definición de estratexias de intelixencia competitiva baseadas na análise de grandes volumes de datos, todas elas imprescindibles para aumentar a competitividade no mercado global.

Ademais do naval, beneficiaranse do novo nodo de supercomputación empresas doutros sectores estratéxicos como a automoción e o transporte, o aeroespacial, a electrónica, o equipamento industrial e maquinaría pesada, a enerxía e eficiencia enerxética, así como industrias tradicionais como a da transformación da madeira, a construcción e arquitectura, os artigos de gran consumo, a industria alimentaria, os servizos de enxeñaría, a saúde e a biotecnoloxía ou mesmo as industrias creativas, como o deseño de videoxogos e a produción audiovisual dixital.

Nos últimos anos, máis de 60 empresas de múltiples sectores beneficiaronse do uso de recursos avanzados do Cesga, que colaborou no desenvolvemento de proxectos de innovación baseados en cómputo avanzado de altas prestacións con máis de 35 empresas a través de proxectos europeos tales como CloudPYME, Fortissimo ou SesameNet.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.