Ence inviste 122 millóns de euros en madeira ao ano en Galicia.

Ence inviste 122 millóns de euros en madeira ao ano en Galicia.

A UVigo revela que Ence inviste ao ano 122 millóns de euros en madeira en Galicia

O informe sobre o impacto da empresa na actividade forestal afirma que xera 2.073 empregos directos no monte galego

As compras forestais efectuadas por Ence nun ano en Galicia superan os 122 millóns de euros. Este dato inclúe tanto as compras de madeira como as adquisicións de produtos e servizos relacionados coa xestión forestal, que suman uns 25 millóns de euros ao ano. Así se desprende do Informe sobre o Impacto da Actividade Forestal de Ence en Galicia, realizado pola Universidade de Vigo a partires da análise da totalidade das operacións forestais de Ence en Galicia no periodo 2011-2014.

Este informe únese ao realizado pola consultora KPMG en 2013, que valorou pormenorizadamente o impacto económico da empresa e que conclúe que Ence xera o 30% do emprego forestal na comunidade autónoma. A empresa, sinalaba KPMG, xera máis de 5.000 postos de traballo en Galicia e compra madeira ou servizos forestais a máis de 1.800 proveedores galegos xerando o 28,7% do PIB forestal de Galicia.

A cátedra Ence investiga sobre o sector forestal na Universidade de Vigo.

A cátedra Ence investiga sobre o sector forestal na Universidade de Vigo.

KPMG mostraba que a actividade de Ence xera 2.073 empregos nos montes galegos e destacaba a importancia da distribución de rendas: KPMG concluíu que Ence gasta máis de 90 millóns de euros ao ano en municipios de menos de 10.000 habitantes.

Co estudo presentado hoxe pola Universidade de Vigo alcánzase un nivel de detalle exhaustivo para determinar as implicacións económicas das operacións forestais de Ence. Os investigadores tabularon datos vinculados a máis de 60.000 operacións -adquisiciones, contratacións- cada ano. Estas operacións son a base dunha suma de esforzos de produtores de madeira e Ence que, tal e como determinou KPMG, xera cerca do 1% do PIB de Galicia.

Das análises dos investigadores da Universidade de Vigo conclúese que, tan só en labores de selvicultura, a demanda anual de madeira da empresa xera preto de 178.000 xornais nos montes cada ano. Ou que é o subsector do papel o eslabón da Cadea Forestal-Madeira en Galicia que xera unha maior productividade por hora traballada, no que o peso de Ence supera o 90%. A productividade por hora no subsector do papel mellora nun 75% a do subsector do moble e outras industrias manufactureiras madeireiras.

Ence sextiona 10.000 hectáreas de patrimonio forestal propio en Galicia

Entre 2011 e 2015, Ence comprou madeira en Galicia por valor de 388 millóns de euros e adquiriu bens e servizos forestais -diferentes á propia madeira- por uns 104 millóns de euros, equivalente a unha media de 26 millóns ao ano.

Esta actividade forestal desenvolveuse en 186 municipios distintos de Galicia, o 59 dos existentes na Comunidade. Ence comprou madeira nese periodo na práctica totalidade dos municipios da provincia da Coruña, no 88,71% dos municipios da provincia de Pontevedra, o 52,2% dos concellos lucenses e pouco máis do 4% dos ourensanos.

A Universidade de Vigo profunda nos datos do estudo levado a cabo por KMPG ao detallar os tipos de compras, orixe xeográfica, etc… ano a ano, e aporta outros datos especialmente interesantes. As compras de madeira de Ence en Galicia concéntranse nun 80% nas provincias da Coruña e Lugo. Nestas dúas provincias é onde máis creceu a superficie arborada entre 1998 e 2009, anos nos que as administracións realizaron inventarios forestais. Así, mentres a superficie arborada incrementábase nun 5,4% en Lugo, retrocedía nun 3,1% na provincia de Ourense, por exemplo.

Ence xestiona en Galicia unhas 10.000 hectáreas de patrimonio forestal propio. De acordo ás conclusións alcanzadas polos investigadores da Universidade de Vigo, Ence destinou á prevención de incendios entre 2012 e 2014 máis de 3,8 millóns de euros, e realizou actividades de formación para preto de 2.000 propietarios forestais en toda a Comunidade Autónoma.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.