A spin-off do CiQUS, finalista do 'South Summit' 2016.

A spin-off do CiQUS, finalista do 'South Summit' 2016 / MD.USE Innovative Solutions.

A spin-off do CiQUS, finalista do ‘South Summit’ 2016

MD.USE competirá ante máis de 400 investidores no evento de maior impacto para startups en Europa

A V Edición do South Summit, un dos acontecementos máis importantes de Europa para startups, contará coa presenza da spin-off do CiQUS MD.USE Innovative Solutions, que foi seleccionada entre as 100 finalistas que competirán ao longo deste evento de clara vocación internacional, capaz de atraer o mellor talento de Europa meridional e Latinoamérica. A decisión do xurado, feita pública a finais do pasado mes de xullo, confirma a traxectoria ascendente desta compañía xurdida do ámbito investigador, que ao longo do presente ano foi recoñecida en distintos programas de emprendemento e mesmo logrou presentar a súa tecnoloxía durante a última edición do Barcelona Mobile World Congress (2016).

MD.USE  permite aforrar custos e mellorar na eficiencia no laboratorio

Especializada en desenvolvemento de software científico e servizos de simulación, MD.USE sérvese de distintas técnicas de realidade virtual para achegar as ferramentas computacionales a usuarios non expertos, nun esforzo por salvar a brecha entre experimentación e técnicas computacionales. Así, estas simulacións de sistemas moleculares e moléculas individuais proporcionan unha gran cantidade de información atómica que resulta complementaria aos experimentos realizados en laboratorios estándar, o que permite aforrar custos e mellorar en eficiencia.

South Summit: fonte de innovación

Con máis de 7.000 asistentes -entre os que figuran uns 3.500 emprendedores e 450 investidores-, este encontro consolídase como un punto de contacto de gran relevancia a nivel global, cuxo obxectivo fundamental é recompilar as innovacións máis significativas e poñelas en contacto con algúns dos maiores clientes e investidores da rexión, mostrando ao mundo as mellores startups procedentes do sur.

Durante a súa participación no South Summit 2016, que terá lugar do 5 ao 7 de outubro, MD.USE competirá entre as 100 Startups seleccionadas como as máis innovadoras entre distintos sectores e lugares de procedencia, no marco dun encontro líder deseñado para tender pontes entre startups, investidores e empresas que apostan pola innovación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.