O convenio inclúe o desenvolvemento do sistema de detección e a cesión de imaxes aos técnicos provinciais.

O convenio inclúe o desenvolvemento do sistema de detección e a cesión de imaxes aos técnicos provinciais.

Máis de 200 empresas optan ao polo industrial galego de drones

Compañías de Estados Unidos, Israel, Alemaña, Italia ou Suíza envían solicitudes para participar neste programa tecnolóxico

Galicia atópase no medio dun proceso de reindustrialización no que se apunta á industria aérea e espacial como un dos piares da nova economía galega. Un bo exemplo é o polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados impulsado pola Xunta, que espertou o interese de máis de 200 empresas. O Goberno galego lanzou o mes pasado unha convocatoria para que as compañías interesadas en converterse en socio industrial do proxecto, ou en participar nos procesos de compra pública innovadora que se levarán a cabo, manifestasen o seu interese. Tras o remate do prazo o pasado día 30, a Xunta recibiu resposta de compañías galegas e españolas, pero tamén de empresas de países como A .

“É a demostración clara de que o sector ve neste proxecto da Xunta de Galicia un elemento para desenvolver aquí en Galicia un polo industrial e tecnolóxico no eido dos avións non tripulados”, salienta o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.

A Xunta investirá 45 millóns en impulsar este polo, que terá en Ourense o seu principal eixo

En total, a Xunta investirá 45 millóns en impulsar este polo a través da contratación dun ou varios socios industriais, así como de compra pública innovadora de tecnoloxía relacionada con este ámbito. As compañías seleccionadas terán un papel fundamental no impulso a un polo que ten como un dos seus grandes eixos o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, no que Xunta e Inta están a investir 10 millóns de euros, pero que tamén terá como piares outras zonas de Galicia.

A Xunta aposta polo potencial das capacidades ourensanas, a través de empresas como Aernnova ou da nova titulación en aeronáutica, e na decisiva contribución da capacidade industrial xa instalada na área de Vigo, a través de compañías como Delta Vigo e as compañías do Consorcio Aeronáutico Galego.

Conde subliñou que, precisamente, unha das claves do proxecto é a participación das pemes, centros tecnoñóxicos e universidades galegas, aliándose coas empresas líderes doutras rexións e países. Todas elas participarán os próximos días 20 e 21 de xullo nun evento en Santiago no que se explicarán as condicións para participar no proceso e no que a Xunta porá en contacto aos candidatos para ser o gran socio industrial do proxecto coas pemes galegas interesadas en establecer alianzas con eles.

Esta iniciativa enmárcase no impulso á reindustrialización de Galicia que marca a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.