Venres 19 Abril 2024

Xulio César nas illas Cíes

Hai máis de 2.000 anos da chegada de Xulio César ás illas Cíes. O 24 de agosto de 60 a.C., o futuro ditador perpetuo e pai adoptivo do primeiro emperador (Augusto), puxo a súa sandalia sobre a area da praia de Rodas. Así o afirma Xosé María Álvarez Blázquez na súa obra A cidade e os días. Quen fora cronista oficial de Vigo usa como fonte a Historia de Vigo de José de Santiago y Gómez, editada en 1896 e contada con paixón, aínda que os seus datos estean xa moi superados pola historiografía posterior.

Álvarez Blázquez usa no seu caso a fonte cun toque de humor. E así o fai para referirnos a visita de César, que na realidade está envolta nas néboas da historia. Que lle poña data exacta (o 24 de agosto de 60 a.C.) é pouco menos que unha broma. Agora, coa candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade, volve regularmente a historia de Caio Xulio César no arquipélago vigués. E é bo momento para repasar que pode haber de verdade en todo este conto…

Publicidade

Illas Cíes.
Illas Cíes.

José de Santiago y Gómez conta que César, á fronte de dúas lexións, chegou a Erizana (hoxe Baiona) perseguindo á tribo lusitana dos herminios, que se refuxiaran nas Cíes, nunha das illas que daquela chamaban Albiano. Alí “existía un templo druídico frecuentado polos que querían chegar aos últimos graos de iniciación relixiosa e, por ser lugar sacro, considerábano os herminios como invulnerable e estaban tranquilos neste refuxio”. Segundo a narración desta Historia de Vigo, César tentou desembarcar na illa do Sur, San Martiño, entón chamada Lancia. Pero, ante a resistencia dos defensores, que botaron unha choiva de frechas e pedras, finalmente pisou Rodas, na illa de Faro.

Álvarez Blázquez retoma a historia e conta que César non puido render aos herminios na batalla. “O invencible xeneral non puido vencer aos herminios polas armas; tivo que rendelos polo asedio e a fame, xa que ningunha nave amiga podía xa achegarse ás Cíes. Ao remate do cerco, pediron a paz e Xulio César pasou ás illas. Alí descansou unha tempada. E alí non será difícil atopar vestixios do seu paso”.

Asombra tanto nivel de detalle, porque non está ben documentada a estancia de César na Hispania Ulterior como propretor, no curso da cal acometeu a guerra contra os herminios no norte da Lusitania e na terra dos galaicos, a futura Gallaecia. Plutarco di: “Unha vez chegado a Hispania, despregou rapidamente unha intensa actividade; en poucos días logrou reunir dez cohortes e engadiunas ás vinte que se atopaban alí; marchando contra os galaicos e lusitanos, derrotounos e avanzou ata o Mar Exterior, sometendo aos pobos que aínda non prestaban obediencia aos romanos”.

Plutarco asegura que César marchou contra os galaicos e saqueou os seus castros

O seu obxectivo real era outro: facer cartos, porque contraera unha onerosa débeda con Craso, produto dos seus primeiros escarceos políticos en Roma. Unha boa campaña militar era o mellor xeito de resarcirse dunha mala serie de finanzas na Cidade. O historiador Víctor Alonso Troncoso, catedrático da Universidade da Coruña, recoñece que a presenza de Xulio César en Gallaecia “constitúe un dos capítulos máis atraíntes da historia antiga de Galicia”. Nunha monografía, repasa tamén as fontes de Suetonio, Apiano e Dión Casio. E conclúe que César estivo na actual Serra da Estrela combatendo aos herminios, pero se inclina porque as illas onde se refuxiaron eran as Berlengas, fronte á costa lusa de Peniche.

Alonso Troncoso salienta a axuda dunha frota chegada de Gades, ao mando de Lucio Cornelio Balbo. E dá por feito que a expedición chegou mesmo ata o golfo Ártabro e que “se apoderou, ou cando menos obtivo a rendición, de todos os castros costeiros de certa importancia, empezando quizá polo de Santa Trega, na desembocadura do Miño”.

Aínda que a identificación coa xeografía actual nesta campaña sempre é meramente especulativa, porque as fontes clásicas non abondan para certificar os lugares dos feitos. O que si parece seguro é que César obtivo un bo botín, duns galaicos que gozaban de grandes xacementos de ouro, que máis tarde serían aproveitados polos romanos, tras a conquista final ordenada por Augusto anos despois. Coas riquezas colleitadas en Galicia, César puido volver a Roma no ano 60 a.C., facer campaña e erguerse ata o triunvirato xunto con Pompeio e Craso.

Así pois non sabemos con certeza se Xulio César estivo nas Cíes. As fontes clásicas sinalan que penetrou na Gallaecia, que conseguíu un gran botín e que tomou varios castros costeiros, axudado pola frota de guerra enviada polo seu amigo Lucio Cornelio Balbo. Hai que poñer en dúbida que estivese nas Cíes precisamente perseguindo aos herminios, nunha historia que pode ter moito de lenda. Pero si parece máis que probable que estivese nas illas da ría de Vigo, tendo en conta que daquela estaban poboadas. Tamén é probable que desembarcase noutros castros, como o de Vigo, o de Baroña e outros, na súa ruta de saqueo que comezara na Guarda.

Así que a historia apunta a que a sandalia do Divino Calvo, como o chamaban os seus lexionarios, deixou a súa pegada nas illas Cíes. Pero as fontes só nos deixan facer especulacións sobre as actividades de Xulio César na Gallaecia.

2 COMENTÁRIOS

  1. Como anécdota, (según algunas fuentes por ejemplo Javier Torres en blog Celtiberia.net): “Cuenta el propio Julio César que solamente uno de sus soldados, Celsio Seeva, logró mantenerse con otros cuatro legionarios sobre un peñón cercano, al final no pudo más que arrojarse al mar y ganar a nado una de las naves romanas. El invencible general se mostró incapaz de doblegar por las armas la bravura de los herminios y no le quedó más solución que rendirles por el asedio y el hambre”.

  2. Muy válida la propuesta. César resolvió su precaria situación tras su paso por la Gallaecia. Volvió a Roma con oro, y quizás con algún secreto mas.
    El conocimiento del territorio fue trasmitido mas tarde a Augusto y a Agripa y tras la muerte de César estos asumieron como propio el plan del primero.
    Agripa fue el primer cartógrafo que levantó el territorio del N.O. y proyectó la fundación de Lucus Augusti, Bracara Augusta y Asseconia, como las tres capitales de la Gallaecia.
    Aún no se ha explicado en detalle la importancia en el desarrollo del Imperio (40 años con Augusto) de la Gallaecia, donde se suministraba el 80% del oro imperial y el 50% de sus ejércitos.
    El imperio romano tal como lo conocemos “se pone las pilas” en la Gallaecia, eso significó una logística material y religiosa muy profunda y detallada que supera en realizaciones a cualquier empresa humana conocida.
    En los próximos años nos acercaremos a conocer la verdadera crónica galaico-romana de la Gallaecia, y podremos tocar con nuestra manos lo inimaginable según la historiografía del siglo XX.
    La familia Julia siempre honró a la tierra de la Gallaecia con los máximos honores. Tiempo al tiempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204