Venres 29 Marzo 2024

A xenética identifica aos 608 galegos do penal máis cruel do franquismo

Máis de 5.000 presos republicanos –608 deles galegos- sufriron cadea durante a Guerra Civil no Forte de San Cristóbal situado no monte Ezkaba, en Navarra (Pamplona). Para manter viva a memoria dese horror o Ateneo de Santiago inaugurou no Colexio de Fonseca, coa colaboración da USC, a exposición ’Que aflore o soterrado: O Forte de San Cristóbal, baluarte da represión franquista’, unha mostra sobre as condicións de vida no penal máis duro do franquismo.
A exposición ofrece información sobre cada un dos 608 presos galegos levados ao forte navarro, case todos condenados a cadea perpetua, así como dos 96 cadáveres que nunca regresaron á súa terra. Falecían a causa da fame, o frío e as enfermidades, cando non das palizas, as “sacas” e aplicación da “lei de fugas”, e foron tantos que se lles empezou a soterrar na ladeira do monte, coa súa identificación nunha botella de vidro entre as pernas. As exhumacións que leva a cabo dende o 2007 a Sociedade de Ciencias Aranzadi e a asociación Txinparta, solicitadas polas familias das vítimas, permiten constatar que o ‘Cemiterio das botellas’ é o exemplo “máis notorio” do uso destas como elemento identificador.

O lugar de enterramento é chamado o ‘cemiterio das botellas’

A exposición é froito do traballo de Txinparta, de Aranzadi e da Universidade do País Vasco, na que se realizaron as análises antropolóxicas e xenéticas. Conta cun catálogo de máis de 400 páxinas, con contidos multimedia, dirixido polo antropólogo forense de Aranzadi Francísco Etxeberria que, xunto ao historiador Koldo Pla, son os verdadeiros artífices da exposición.
Sobre o horror dese penal, e para manter viva a memoria histórica, o Ateneo de Santiago en colaboración coa USC inaugurou este luns a exposición nun acto no que participaron o reitor Juan Viaño, o presidente do Ateneo, Salvador García-Bodaño; e os comisarios da mostra Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, e Koldo Pla Larramendi, historiador e experto no Forte de San Cristóbal de Navarra que a continuación pronunciou a conferencia ‘O Forte de San Cristóbal na memoria’.
A mostra estará aberta de luns a sábado ata o 2 de marzo, en horario de 11 a 14.00 horas e de 17 a 20.30 horas. Paralelamente haberá conferencias, mesas redondas e proxección de documentais.
90 galegos mortos
Fusilados, por aplicación da lei de fugas, por enfermidade, por fame, por malos tratos… Os seus corpos foron soterrados en fosas comúns no monte Ezcaba, en cemiterios dos pobos do arredor ata a súa saturación ou, xa na posguerra. no cemiterio das botellas, na propia prisión. No Forte de San Cristóbal houbo un total de 608 presos republicanos galegos, condenados polos tribunais militares postos en marcha tras a sublevación. 269 eran da provincia de Pontevedra; 157, de A Coruña; 95, de Ourense e 79, da de Lugo. A case mil quilómetros das súas casas, sufriron os rigores do penal máis duro do do franquismo, sen posibilidade de axuda familiar. Esta é a relación dos 90 presos galegos, 55 mortos na histórica fuga do 22 de maio de 1938, e 45 a consecuencia das condicións de vida da prisión. Os seus cadáveres, identificados ou non, nunca volveron á súa terra.
Esta é a relación dos galegos mortos no Forte de San Cristóbal, por orden alfabética, en base aos libros de rexistro da prisión:

Publicidade

Alfaya, Casimiro, 55 anos, xornaleiro, de Frades (A Coruña). *C.P. (19/X/36), ingresa o 5/2/37, morre o 28/11/37
Allo Sabor, Xoán, 24 anos, mariñeiro, de O Grove, C.P. (9/5/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver.
Alonso Nine, Ramón, 28 anos, fogoneiro, de Carril-Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (16/3/37), ingresa o 16/3/37, morre o 28/7/39
Ave Estévez, Xosé, 29 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Baños Mariño, Pablo, 35 anos, labrador, de Cuntis (Pontevedra), C.P. (27/2/37), ingresa o 17/10/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 13/9/40
Barreiro Paredes, Abelardo, 35 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 10/8/40
Barrientos, Manuel            , 20 anos, mariñeiro, de Muxía (A Coruña), condenado a 20 anos (24/3/37), ingresa 12/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Bello Pombo, X. M. 18 anos, labrador, de Ferrol, condenado a C.P. (4/11/36), ingresa 19/12/36, morre no forte o 9/6/41
Blanco Barreiro, Adolfo, 31 anos, labrador, de Cristimil-Lalín (Pontevedra). C.P. (27/2/37), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Blanco Meiriño, Fidel, 36 anos, labrador, de Carballeda (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Borrazás Bello, Xosé, 33 anos, labrador, de Monteagudo (A Coruña), condenado a C.P. (28/9/36), ingresa o 24/12/36, morre o 29/12/36.
Bua Carou, Francísco, 48 anos, secretario do concello de Caldas de Reis (Pontevedra). C.P. (22/9/36), ingresa o 16/5/37, morre o 10/6/40
Buceta Castro, Cándido, 25 anos, mariñeiro, de Boiro (A Coruña). C.P. (1/9/37), ingresa o 12/1/38, morto na fuga o 22/5/38
C.P. (22/12/36), ingresa o 31/10/37, morre no forte o 24/7/40
Caamaño Lema, Xosé, 37 anos, xornaleiro, de Corme (A Coruña) C.P. (2/2/37), ingresa o 18/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Cajide Rodríguez, Roxelio, 24 anos, labrador, de Carbia-Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 16/5/37 morre o 30/4/40
Campa Santos, Pacífico, 26 anos, muiñeiro, de Ponte do Porto-Camariñas (A Coruña). C.P (7/3/37), ingresa o 16/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Campos Ares, Pascual, 40 anos, xornaleiro, de Lugo, condenado a C.P. en León (11/12/36), ingresa o 10/10/37, morto na fuga o 22/5/38
Canel González, Daniel, 30 anos, xornaleiro, de Sober (Lugo), condenado a C.P. (14/9/36), ingresa 31/12/36, morre o 14/9/40
Carballude González, Xosé, 32 anos, canteiro, de Lalín (Pontevedra), C.P. (6/3/37), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Cea Asorey, Manuel, 24 anos, labrador, de Carbia-Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (13/1/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Cendán Rivas, Xesús, 23 anos, tipógrafo, de Lugo, C.P., ingresa o 1/1/37, morre no Forte o 13/9/40
Conde Fernández, Hermenexildo. 34 anos, labrador, de A Coira-Piñor (Ourense) C.P. (18/12/36), ingresa o 14/7/37, participa na fuga e morre no forte o 18/3/40
Costa Piñeiro, Xulio, 20 anos, mariñeiro, de A Coruña, C.P. (31/1/37), ingresa o 18/6/37 morto na fuga o 22/5/38
Costoyas Ares, Antonio, 31 anos, carpinteiro, de Silleda (Pontevedra), C.P. (28/2/37), ingresado o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Couce Sanmartín, Xosé, 24 anos, labrador, de Verins-Irixoa (A Coruña). C.P. o 2/12/36, ingresa o 10/2/37, morto na fuga o 22/5/38
De la Iglesia Sánchez, Evaristo, 22 anos, electricista, de Ourense, C.P. (15/5/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver
Díaz Díaz, Gabriel, 27 anos, estudante, condenado en Lugo a C.P. (13/9/36) ingresa o 14/12/36 e morre no Forte o 10/12/37
Diéguez Fernández, Xosé, 29 anos, limpabotas, de Pontevedra, condenado a 16 anos (19/2/37), ingresa o 14/19/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 23/7/39
Díos González, Uxío, 29 anos, mecánico, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, fugado e morto o 22/5/38
Domínguez Ferreira, Xoaquín, 51 anos, labrador, Pontevedra. C.P. (1/4/37), ingresa o 15/7/37, fugado o 22/5/38, morre no forte o 22/1/40
Dorribo González, Enrique, 41 anos, labrador, de Rairo (Ourense). C.P. (26/8/36), ingresa o 16/1/27. Fugado e morto na fuga o 22/5/38
Fernández García, Fidel, 35 anos, albanel, de Ribadavia (Ourense). C.P: (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 24/2/39
Ferro Eiras, Arturo, 33 anos, labrador, de Valga (Pontevedra), C.P. (29/4/37), ingresa o 11/10/37, morto na fuga o 22/5/38
Freire Monasterio, Xan, 25 anos, limpabotas, de Ribadeo (Lugo). C.P. (15/1/37), ingresa o 16/6/37, morto na fuga o 22/5/38
García Iradier, Manuel E., 20 anos, xornaleiro, de Budiño-O Porriño (Pontevedra). C.P (27/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 22/8/41
García Lago, Luís, 21 anos, xornaleiro, de Teis-Vigo. C.P. (16/9/36), ingresa o 22/2/37, morto na fuga o 22/5/38
Godoi Calvelo, Atilano, 21 anos, panadeiro, de Cotobade (Pontevedra). C.P (24/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Gómez Lorenzo , Xerardo, 20 anos, carpinteiro, de Bergondo (A Coruña) C.P. (29/1/37), ingresa o 14/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Gómez Varela, Senén, 35 anos, zapateiro, de Ponteareas (Pontevedra). C.P (19/10/36), ingresa o 8/2/37, morto na fuga o 22/5/38
González Cabaleiro, Alexandre, 18 anos, mariñeiro, de Teis-Pontevedra, C.P. (27/10/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
González Caramés, Antonio, 21 anos, labrador, de Trasalba (Ourense), C.P. (17/7/36), ingresa o 16/1/37, morre no Forte o 13/9/38
González Rodríguez, Manuel, 31 anos, ebanista, de Ribadavia (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 9/7/40
Gutiérrez López, Xosé, 44 anos, reloxeiro, de Castro-Pazos (Ourense). C.P. (20/8/36), ingresa o 16/1/37, morre na fuga o 22/5/38
Hermida Rubal, Xosé, 57 anos, labrador, de Ourol, veciño de Vilacampa-O Valadouro (Lugo), condenado a 20 anos (19/12/36), ingresa o 28/1/38, morre o 3/3/38
Iglesias, Antonio, 19 anos, panadeiro, de Gondomar (Pontevedra), C.P. (21/10/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Limeres Campos, Secundino, 25 anos, canteiro, de Arcos (Pontevedra). C.P. (27/2/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38. Non se recupera o cadáver.
Lobeira Juncal, Salvador, 22 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
López Arango, Laureano, 41 anos, xornaleiro, de Liñares (Lugo) C.P (22/8/36), ingresa o 14/12/36. Fugado e morto o 22/V/38
Mauricio Martínez, Anxélico, 27 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Medín Vidal, Antonio, 20 anos, carpinteiro, de Miño (A Coruña). C.P. (22/2/37), ingresa o 3/7/37, morre na prisión o 26/11/37
Mejuto Leis, Vicente, 24 anos, chofer, de Cee (A Coruña), condenado a 12 anos (6/3/37), ingresa o 19/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Miguel Frechilla, Primitivo, 35 anos, mecánico de Palencia, condenado en Santiago a C.P (8/8/36) ingresa o 14/1/37, fusilado o 8/9/38
Movilla Lorenzo, Xosé, 23 anos, ferreiro, de San Martiño- A Gudiña (Ourense), C.P (25/9/36), ingresa o 14/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Novoa Álvarez, Xosé, 59 anos, propietario, de Maside (Ourense), condenado a 12 anos (16/11/36), ingresa o 31/3/37, morre o 13/12/37
Núñez Morales, Benito, 27 anos, labrador, de Bueu (Pontevedra) C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Pais Refojos, Manuel, 35 anos, cerralleiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (27/12/36), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Parada Davila, Salvador, 20 anos, mariñeiro, de Bueu (Pontevedra). C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Pardo Argüeso, Andrés, 18 anos, serrador, de Bergondo (A Coruña). C.P. (29/1/37), ingresa o 14/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Pastoriza Fariñas, Benito, 33 anos, mariñeiro, de Cela (Pontevedra), C.P. (29/12/36), ingresa o 15/7/37, morre no forte o 2/6/43
Pombo, Manuel, 20 anos, follalateiro, de Coristanco (A Coruña), condenado a 26 anos (10/4/37), ingresa o 12/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Pontevedra González, Peregrino, 36 anos, pescador, de Cambados (Pontevedra), C.P. (16/12/36), ingresa 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Pousa Fermoso, Román, 49 anos, carpinteiro, de Beade (Ourense). C.P. (7/2/37), ingresa no forte o 14/7/37, morre no forte o 19/4/38
Rey Rodríguez , Salvador, 27 anos, empregado, de Serantes-Ferrol. C.P. (29/4/37), ingresa o 39/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Rey Torrado, Alberte, 34 anos, panadeiro, de Carril-Vilagarcia (Pontevedra). C.P. (27/6/37), ingresa o 17/10/37, morto na fuga o 22/5/38
Rey Urcera, Manuel, 24 anos, labrador, de Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (14/2/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38.
Rincón Alvarez, Manuel, 20 anos, empregado, de As Neves (Pontevedra) C.P. (8/10/36), ingresa o 11/10/36, morto na fuga o 22/5/38
Rivera Bouza, Francísco, 42 anos, chofer, de Ferreira (A Coruña), condenado a 12 anos (4/12/36), ingresa o 5/7/37, morto na fuga o 22/5/38
Rivera Herva, Manuel, 19 anos, electricista, de Ferrol. C.P. (31/12/36), ingresa o 12/1/38, morto na fuga o 22/5/38
Rodríguez Gándara, Ignacio, 36 anos, xornaleiro, de Paraños (Pontevedra), C.P: (22/10/36), ingresa o 5/2/37, morto na fuga o 22/5/38
Rodríguez Magariños, Manuel, 33 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra), condenado a 20 anos (23/!2/36), ingresa o 22/2/37, morre o 2/1/38
Rodríguez Quintiá, Bernardino, 38 anos, labrador, de Valdoviño (A Coruña), condenado a 12 anos (4/12/36), ingresa o 3/7/37, morre na fuga o 22/5/38
Romero Vidal, Tomás, 41 anos, labrador, Vilagarcía (Pontevedra). C.P. (14/2/37), ingresa o 16/5/37 morre o 6/8/37
Salgado Oliveira, Manuel, 22 anos, labrador, de Tintores-Verín (Ourense). C.P. (21/12/36) Fugado o 22/5/38, morre no forte o 10/8/41
Serpa Araque, Xosé, 28 anos, labrador, nacido en Venezuela, vive en Pontevedra,
Silva Ferreira, Xosé, 35 anos, xornaleiro, de Redondela (Pontevedra). C.P. (30/1/37), ingresa o 22/2/37 morre o 1/3/40
Souto González, Enrique, 22 anos, carniceiro, de A Cañiza (Pontevedra). C.P. (17/10/36), ingresa o 5/3/37, morto na fuga o 22/5/38
Tato Faro, Serafín, 47 anos, canteiro, de Mondariz (Pontevedra), C.P (19/X/36), ingresa o 5/3/37, morto na fuga o 22/5/38
Trula Arregidor, Manuel, 21 anos, pescador, de Ourense. C.P. (13/2/37), ingresa o 14/7/37, participa na fuga e morre no Forte o 29/11/39
Urcera Barros, Manuel, 22 anos, concelleiro de Izquierda Republicana en Vilagarcía (Pontevedra). C.P (14/2/37), ingresa o 16/5/37, morto na fuga o 22/5/38
Urgal Fernández, Xosé, 25 anos, mariñeiro, de Malvas-Tui (Pontevedra). C.P. (17/12/36), ingresa o 22/2/37, morre o 27/6/39
Valeira Rocha, Xosé, 24 anos, chocolateiro, de A Cañiza (Pontevedra). C.P (17/10/36), ingresa o 5/2/37, morto na fuga o 22/5/38
Valeiro Caramés, Alfonso, 25 anos, albanel, de Os Castros- A Coruña. C.P. (23/12/36), ingresa o 10/2/37, morto na fuga o 22/5/38
Valladares González, Antonio, 18 anos, viaxante de comercio, de Bandeira (Pontevedra). C.P. (16/10/36), ingresa o 16/5/37, organizador da fuga, fusilado sen xuízo o 22/5/38
Vázquez Castro, Enrique, 31 anos, xornaleiro, de Crecente (Pontevedra), condenado a C.P. en Segovia (19/2/37), ingresa o 22/8/37, morto na fuga o 22/5/38
Vázquez Fernández, Xosé, 29 anos, agricultor, de Pontevedra, C.P (30/11/36), ingresa o 16/5/37, fugado e falecido no forte o 21/5/41
Vidal Domínguez, Xosé, 22 anos, xornaleiro, de Vilavella-A Mezquita (Ourense), C.P. (25/9/36), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 10/9/38
Vieitez Vieitez, Amadeo, 30 anos, labrador, de Abelenda-Carballeda (Ourense). C.P. (27/4/37), ingresa o 14/7/37, morre no forte o 10/7/39
Vilariño Paredes, Serafín, 31 anos, comerciante, de Palas de Rei (Lugo), condenado a 17 anos (20/3/37), ingresa o 17/6/37, morto na fuga o 22/5/38
Villar Cimadevila, Enrique, 30 anos, escribinte, de Vila de Cruces (Pontevedra). C.P (18/11/36), ingresa o 15/7/37, morto na fuga o 22/5/38. Cadáver non recuperado.
Villar Cimadevila, Luís, 24 anos, “axente executivo”, de Vila de Cruces (Pontevedra). C.P. (18/11/36), ingresa o 15/7/37, morre no Forte o 13/11/38
*C.P. Cadea Perpetua (Data da sentencia do Tribunal Militar)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Buscan nun cemiterio de Narón unha das maiores fosas creadas polos golpistas en Galicia

O 26 de decembro de 1936 levouse a cabo unha das máis grandes execucións masivas das que hai constancia en terras galegas, na que foron asasinadas un total de 34 persoas

Anunciación Casado, a ‘Pasionaria de Viana’: comezan os traballos de exhumación

As accións enmárcanse no Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023 liderado por un equipo interdisciplinario da USC

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece visitas virtuais dos seus fondos mariños

A exposición 'O mar en 360º' ten como obxectivo mergullar os visitantes nunha experiencia única para descubrir a súa fauna e flora

As históricas fotos de Vigo de Rainiero Fernández, o cazador de imaxes

O Museo do Mar de Vigo propón un achegamento á obra do fotógrafo vigués desde unha óptica actual coa exposición “Rainiero Fernández. O Arquivo”