Páxinas do novo cómic sobre a revolta irmandiña.

Páxinas do novo cómic sobre a revolta irmandiña.

Un novo cómic recrea a revolta irmandiña

'A espada de San Eufrasio' narra a historia duns bandidos na Galicia do século XV

A Revolta Irmandiña (A Gran Guerra Irmandiña) tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469 e foi a maior revolución europea de todo o século XV. Agora os guionistas Pepe Rey e Manolo López Poy, xunto co debuxante Miguel Fernández lanzan un cómic que recrea esa época, baixo o título ‘A espada de San Eufrasio’, publicado por Diábolo edicións.”

espada san eufrasio

“Narramos as vicisitudes dunha familia de campesiños galegos, a familia de Rosendo, que ten a desgraza de vivir nunha zona fronteiriza entre tres señores feudais (os señores de Andrade, o Mariscal Pardo de Cela e D. Alonso de Lanzós), que están en guerra entre eles”, narran os guionistas.

“A brutalidade dos seus soldados -continúan- e a avaricia dos monxes do mosteiro de Monfero, que cobran os impostos do territorio, obríganlles a un enfrontamento a morte cun grupo deses soldados, polo que se ven abocados a abandonar a súa casa e botarse ao monte para tratar de subsistir. Ao longo dos seguintes capítulos, a familia de Rosendo unirase a unha partida de bandoleiros que teñen como terreo de operacións os camiños dos portos que comunican Galicia con Castela”.

A primeira entrega do cómic, titulada ‘La aldea maldita’ (O cómic está escrito en castelán), será presentada este sábado 18 de novembro na librería Banda Deseñada de Vigo (18.00 horas).

“O momento histórico en Galicia é terrible, dramático -comentan Rey e López Poy– . A inmensa maioría das terras pertencen aos señores feudais, aos numerosos mosteiros ou aos diversos Señoríos Episcopais. En Castela reina Enrique IV, o Impotente, enfrontado á nobreza castelá e sen poder efectivo algún; moito menos para tratar de impoñer a lei ou a orde na afastada Galicia”. Con esta trama, a serie promete unhas entregas que van engaoilar aos seus lectores.

Unha resposta a “Un novo cómic recrea a revolta irmandiña”

  1. Orlando otero campos

    Espero que la rigurosidad histórica de los personajes reales sea como tiene que ser, minuciosa. Por ejemplo, la figura de Pardo de Cela, que siempre se ha manipulado por inteteses partidistas y también por la parte distorsionada que llevan consigo las leyendas. Así, parece ser, que la historia del puente del pasatiempo no concuerda en fechas con la de la muerte del Mariscal.
    Digo todo esto ya que no hay cosa que más odie, que que se aliente más fantasía encima de la que ya tienen en si las preciosas leyendas de antaño. De ser así, habría que encabezar cada uno de los cómics publicados, con la anotación de que los hechos históricos sobre los que se narra la ficción, no son del todo concordantes con la realidad. De lo contrario, se estaría potenciando aún más, el número de ignorantes sobre un tema que es tan serio como nuestra Historia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.