Xoves 28 Marzo 2024

Ruth Matilda Anderson, a moza estadounidense que retratou á Galicia dos anos 20

Na mañá do 7 de agosto de 1924, unha fotógrafa estadounidense de apenas 30 anos desembarcaba no porto de Vigo xunto ao seu pai. Tiña un encargo: retratar España para a Hispanic Society of America. O seu director, Archer Milton Huntington, fundara a institución en 1904 para difundir nos Estados Unidos a arte e a cultura hispana. Ruth Matilda Anderson comezara a traballar uns anos antes como conservadora de fotografía no museo da sociedade. E pouco despois, Huntington encomendoulle a creación dun arquivo fotográfico que enriquecese o patrimonio da institución.

Naquel periplo inspírase a reedición que agora publica Afundación: Unha mirada de antano. Neste  catálogo de 520 páxinas é posible contemplar máis de 450 das imaxes que nos trasladan á Galicia dos anos 20. Ruth Matilda Anderson tirou durante as súas viaxes máis de 5.200 fotografías, moitas delas aínda sen dar a coñecer. Mentres ela tiraba fotos, o seu pai ía contando as súas vivencias nun diario que completa o panorama dunha apaixonante experiencia.

Publicidade

Un neno sostén varias pezas de zocos no Outeiro (Lalín), o 2 de xaneiro de 1926. Foto: Ruth Matilda Anderson.
Un neno sostén varias pezas de zocos no Outeiro (Lalín), o 2 de xaneiro de 1926. Foto: Ruth Matilda Anderson.

A fotógrafa realizou dúas longas estancias en Galicia entre 1924 e 1926, a segunda delas na compaña doutra fotógrafa, Frances Spalding. Percorreu corredoiras, feiras, leiras, portos, montañas, aldeas, cidades e vilas para inmortalizar a esencia dun pobo. Un país asolado pola emigración e a pobreza, pero que tamén defendía con orgullo as súas tradicións centenarias e a súa identidade, reforzada polo pulo cultural que lle imprimiu a xeración Nós.

Nun principio, a tarefa de Ruth Matilda Anderson debería estar máis centrada nos traxes e os complementos dos paisanos, mais acabou facendo unha radiografía dun lugar e dun tempo. Chegaron a España varios fotógrafos, pero ningún conseguiría tan bos resultados como Ruth Matilda. E en Galicia, a calidade e simbolismo dos seus retratos foi especialmente destacada. De feito, a riqueza do material obtido no noso país foi a máis salientable das viaxes españolas de Anderson.

 

Tamén podes ler:

A viaxe de Ruth Matilda a Galicia, en 30 fotos

4 COMENTÁRIOS

  1. Pois ao Galego hoxe xa se lle daba por morto fai 50 anos. Con o esforzo de quenes queremos as nosas raices e uns cantos máis, Galiza repoñerase pouco a pouco.
    Necesitamos máis xente comdprometida e menos desestimento.
    Tede en claro que a globalizacion afecta en todolos lares, coidade o noso e preservaráse. Chegou o tempo de botarlle bemois ao asunto.

  2. Para esos años, en que ya comenzaba la final destruccion del rural gallego, este ya estaba francamente deteriorado, sus instituciones populares desmanteladas en un largo y potente esfuerzo de la corona por lograrlo, que venia desde lsoreyes catolicos.

    ASi, Galicia, paso de ser el utero y proveedor alimentario de la peninsula, con las tierras mkas productivas de Europa, con una holgada poblacion y natalidad… a ser lo que es hoy: uno de los territorios mas contaminados, degradados, arrasados agricolamente. sin capacidad de crear ya poblacion autoctona, teniendo que importar alimentos de fuera para sostener a sus megapolis actuales.

    Gracias “Progreso”!!!

    Esta fotografo capto los ultimos estertores del costumbrismo y aspecto externo de los gallegos .

    Galicia y su idioma ya no existiran para el 2060, aproximadamente. Seres un territorio colonizado poe la globalizacion y la gaita, la catedral y sus iconos solo seran eso: cáscaras, parque temático de lo que fue y ha sido destruido. Como los indios americanos, vaya.

  3. Gracias a su labor tan minuciosa, hoy podemos entender y saber más de nuestro país!! Siempre sentí admiración por la señorita Anderson!!! En breve tendremos la oportunidad de ver sus fotos en el Museo Municipal Ramón María Aller de Lalin (Pontevedra)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.