Un grupo de leiteiras, viúvas de vivos emigrados a América, regresa a Carnota desde Muros, tras percorrer un camiño empedrado durante varios quilómetros. Foto: Ruth Matilda Anderson.

Un grupo de leiteiras, viúvas de vivos emigrados a América, regresa a Carnota desde Muros, tras percorrer un camiño empedrado durante varios quilómetros. Foto: Ruth Matilda Anderson.

Ruth Matilda Anderson, a moza estadounidense que retratou á Galicia dos anos 20

Afundación reedita o catálogo con máis de 450 imaxes que a fotógrafa tirou nas viaxes que fixo polo noso país entre 1924 e 1926

Na mañá do 7 de agosto de 1924, unha fotógrafa estadounidense de apenas 30 anos desembarcaba no porto de Vigo xunto ao seu pai. Tiña un encargo: retratar España para a Hispanic Society of America. O seu director, Archer Milton Huntington, fundara a institución en 1904 para difundir nos Estados Unidos a arte e a cultura hispana. Ruth Matilda Anderson comezara a traballar uns anos antes como conservadora de fotografía no museo da sociedade. E pouco despois, Huntington encomendoulle a creación dun arquivo fotográfico que enriquecese o patrimonio da institución.

Naquel periplo inspírase a reedición que agora publica Afundación: Unha mirada de antano. Neste  catálogo de 520 páxinas é posible contemplar máis de 450 das imaxes que nos trasladan á Galicia dos anos 20. Ruth Matilda Anderson tirou durante as súas viaxes máis de 5.200 fotografías, moitas delas aínda sen dar a coñecer. Mentres ela tiraba fotos, o seu pai ía contando as súas vivencias nun diario que completa o panorama dunha apaixonante experiencia.

Un neno sostén varias pezas de zocos no Outeiro (Lalín), o 2 de xaneiro de 1926. Foto: Ruth Matilda Anderson.

Un neno sostén varias pezas de zocos no Outeiro (Lalín), o 2 de xaneiro de 1926. Foto: Ruth Matilda Anderson.

A fotógrafa realizou dúas longas estancias en Galicia entre 1924 e 1926, a segunda delas na compaña doutra fotógrafa, Frances Spalding. Percorreu corredoiras, feiras, leiras, portos, montañas, aldeas, cidades e vilas para inmortalizar a esencia dun pobo. Un país asolado pola emigración e a pobreza, pero que tamén defendía con orgullo as súas tradicións centenarias e a súa identidade, reforzada polo pulo cultural que lle imprimiu a xeración Nós.

Nun principio, a tarefa de Ruth Matilda Anderson debería estar máis centrada nos traxes e os complementos dos paisanos, mais acabou facendo unha radiografía dun lugar e dun tempo. Chegaron a España varios fotógrafos, pero ningún conseguiría tan bos resultados como Ruth Matilda. E en Galicia, a calidade e simbolismo dos seus retratos foi especialmente destacada. De feito, a riqueza do material obtido no noso país foi a máis salientable das viaxes españolas de Anderson.

4 respostas a “Ruth Matilda Anderson, a moza estadounidense que retratou á Galicia dos anos 20”

  1. Paulo

    Pois ao Galego hoxe xa se lle daba por morto fai 50 anos. Con o esforzo de quenes queremos as nosas raices e uns cantos máis, Galiza repoñerase pouco a pouco.
    Necesitamos máis xente comdprometida e menos desestimento.
    Tede en claro que a globalizacion afecta en todolos lares, coidade o noso e preservaráse. Chegou o tempo de botarlle bemois ao asunto.

  2. Para esos años, en que ya comenzaba la final destruccion del rural gallego, este ya estaba francamente deteriorado, sus instituciones populares desmanteladas en un largo y potente esfuerzo de la corona por lograrlo, que venia desde lsoreyes catolicos.

    ASi, Galicia, paso de ser el utero y proveedor alimentario de la peninsula, con las tierras mkas productivas de Europa, con una holgada poblacion y natalidad… a ser lo que es hoy: uno de los territorios mas contaminados, degradados, arrasados agricolamente. sin capacidad de crear ya poblacion autoctona, teniendo que importar alimentos de fuera para sostener a sus megapolis actuales.

    Gracias “Progreso”!!!

    Esta fotografo capto los ultimos estertores del costumbrismo y aspecto externo de los gallegos .

    Galicia y su idioma ya no existiran para el 2060, aproximadamente. Seres un territorio colonizado poe la globalizacion y la gaita, la catedral y sus iconos solo seran eso: cáscaras, parque temático de lo que fue y ha sido destruido. Como los indios americanos, vaya.

  3. Cecilia Doporto

    Gracias a su labor tan minuciosa, hoy podemos entender y saber más de nuestro país!! Siempre sentí admiración por la señorita Anderson!!! En breve tendremos la oportunidad de ver sus fotos en el Museo Municipal Ramón María Aller de Lalin (Pontevedra)

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.