O santuario fenicio de Monte do Facho en Cangas.

O santuario fenicio de Monte do Facho en Cangas.

Nace o proxecto Estrímnides sobre a presenza dos fenicios en Galicia

O proxecto Estrímnides investiga as súas relacións comerciais cos pobos do Mediterráneo

Durante o primeiro milenio a.C., os fenicios habitaban o noroeste da Península Ibérica, as actuais Galicia e zona norte de Portugal. Durante a súa estadía, mantiveron relacións comerciais cos pobos do sur de España e do Mediterráneo en xeral. Co fin de analizar as relacións comerciais entre os fenicios do norte da Península e os pobos do sur e do Mediterráneo en xeral, nace o Proxecto Estrímnides, que se presentará en Galicia a vindeira semana.

A civilización fenicio-púnica xurdiu da zona de Oriente Próximo e non tivo o protagonismo que en moitas ocasións mereceu, oculta baixo a grandeza de Grecia e de Roma. Foi esta civilización a que sucou o Mediterráneo en primeiro lugar e a que atracou en portos inhóspitos antes de que Roma empezase a ter o seu sitio na historia.

Os fenicios foron os principais comerciantes do mundo antigo

Como bos navegantes que eran, crearon grandes rutas marítimas que se converteron no principal medio de comunicación e intercambio de víveres e cultura de todo o Mediterráneo, e chegaron ata Galicia. Fundaron máis de 80 cidades e portos onde levaron os seus produtos e, máis profundamente, a súa cultura. Utilizaban materias primas, minerais e produtos manufacturados para situarse como os principais comerciantes do mundo antigo, inicialmente empregando cos pobos indíxenas o sistema do troque e posteriormente utilizando a moeda.

En Galicia consérvanse, ademais, importantes recordos da cultura fenicia coma por exemplo o altar púnico na punta Muíño do Vento en Alcabre, o santuario de Monte do Facho en Cangas, o castro da Lanzada ou as cerámicas e vidros localizadas en Monte do Castro en Ribadumia.

Os membros que conforman o equipo investigador do Proxecto Estrímnides pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e está financiado polo Ministerio de Economía y Competitividade.

A semana que ven (do 13 ao 17 de xuño), os investigadores sevillanos realizaran a súa primeira estancia de traballo en Galicia. Realizarán unha serie de actividades que avancen no estudo dos materiais arqueolóxicos de procedencia mediterránea recuperados en castros galegos.

O proxecto presentarase no Museo do Mar de Vigo o próximo xoves

O programa de actividades inclúe a visita a arqueoteca da Universidade de Santiago de Compostela e o Museo do Mar, o Museo de Pontevedra e o Museo de San Antón en Coruña.

A semana culminara nunha reunión de traballo o xoves 16 que se celebrara no Museo do Mar no que se presentarán os obxectivos do proxecto á comunidade arqueolóxica galega. O programa contará coa intervención de: Josefa Rey Castiñeira e Javier Rodríguez Corral da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Abad do CESGA (Centro de supercomputación de Galicia) e Eduardo Ferrer Albelda, Francisco José García Fernández e Antonio Sáez Romero (Universidad de Sevilla) e o arqueólogo Juan Naveiro Lopéz.

Unha resposta a “Nace o proxecto Estrímnides sobre a presenza dos fenicios en Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.