Pan Ergot do Instituto Bioquímico Miguel Servet, de Vigo.

Pan Ergot do Instituto Bioquímico Miguel Servet, de Vigo.

O alucinóxeno que creou a industria farmacéutica galega

Do caruncho, un parasito do centeo, xurdiu o Laboratorio Miguel Servet e a xigante química Zeltia

Zeltia. Ampollas de alcaloides do caruncho do centeo (1940).

Zeltia. Ampollas de alcaloides do caruncho do centeo (1940).

O caruncho é un fungo parasito do centeo que ten moitos nomes: cornello, cornecho, dentón, corno ou grao de corvo. Tanta popularidade débella a un alcaloide, a ergotamina, que afecta ao sistema circulatorio e provoca alucinacións. Por iso, os agricultores tiñan moito coidado de separar o caruncho do gran, porque unha fariña contaminada tiña consecuencias funestas. Moitos episodios de bruxaría, na Idade Media, tiñan a súa orixe nos delirios provocados polo pan con caruncho. E está relacionado co famoso proceso ás bruxas de Salem, en Massachussets (EUA), no século XVIII, cando 25 mulleres foron condenadas a morte, acusadas de pactar co demo tras unha intoxicación masiva con efectos similares ao LSD.

Pero a ergotamina afecta tamén ao fluxo sanguíneo. Nas grandes intoxicacións do Medievo, descríbense pobos enteiros onde, xunto á tolemia xeral, apodrecían -chegando a desprenderse- os dedos e mesmo membros completos das vítimas do pan contaminado. Este efecto macabro converteríase no século XIX nun medicamento. Científicos como o francés Bonjean descubriron que o alcaloide do cornezuelo cortaba as hemorraxias. E, de ser desprezado e temido, pasou a ser cobizado para a fabricación de fármacos.

Así, dende a segunda metade do XIX, desatouse unha auténtica “febre do caruncho” en Galicia. O clima favorecía a aparición do fungo e os laboratorios demandábano para abastecer médicos e comadroas para os partos.

O profesor Anxo L. Fernández, da Universidade de Santiago, recolle nun estudo que se chegaron a pagar prezos astronómicos polo caruncho, que se recollía a man antes da sega. Rusia era o maior produtor mundial. E o mercado quedaba desabastecido en períodos como a Guerra Ruso-Xaponesa, en 1904, ou tras a Revolución Rusa, de 1917 a 1921. Segundo o profesor Fernández, a alza na cotización do caruncho provocaba en Galicia “unha invasión de campos á caza e captura do fungo, que se pagaba a bo prezo,”. En calquera caso, sempre era un complemento para as economías rurais. E, do porto de Vigo, saían cargamentos regulares para Inglaterra, Alemaña e Estados Unidos.

Ademais, Anxo Fernández revela que o cornecho  galego era o máis prezado. En 1912 a revista “American Druggist” sinalaba: “O ergotde centeo de maior calidade é o producido nas provincias do noroeste de España. Envíase por barco a Londres dende Vigo ou Lisboa, e case todo é consumido nos Estados Unidos”.

Instituto Bioquímico Miguel Servet

En Galicia, algunhas farmacias e laboratorios lanzan medicamentos derivados da ergotina, en producións modestas. Pero todo cambia en 1936, apenas dous meses antes da Guerra Civil, cando dous científicos formados na Universidade de Santiago, o médico Ramón Obella Vidal e o farmacéutico Francisco Rubira, fundan o Instituto Bioquímico Miguel Servet, en Vigo. Con eles, traballa o intelectualgaleguista Alexandre Bóveda e o químico Fernando Calvet.

Fernando Calvet.

Fernando Calvet.

O instituto, situado nun edificio que hoxe é o Instituto Municipal de Educación, no camiño do Chouzo, xunto a praza de Eugenio Fadrique da cidade olívica, quixo crear unha industria sobre o que entón apenas era recolección e exportación.

Os científicos galegos lanzan o Pan Ergot, fabricado a partir do caruncho e indicado para curar as xaquecas e o glaucoma. Pero a Guerra Civil truncaría o seu éxito, xa que son perseguidos polo franquismo. Bóveda é fusilado na Caeira, en Poio, en 1936. E os demais vense obrigados a retirarse. Calvet, por exemplo, vaise ao exilio a Suecia, onde traballaría co premio Nobel Von Euler.

Tras negociar o seu regreso ao país, Calvet pasaría polo cárcere enTui. E a ditadura arrebataríalle a súa praza como profesor en Santiago. Pero encontra en Vigo o refuxio profesional a través da empresa que xurdiría do Insituto Miguel Servet e que pervive ata os nosos días: Zeltia.

Os irmáns Fernández López (fundadores tamén de Pescanova, Frigsa ou Cementos do Noroeste, entre outras moitas grandes industrias) son os artífices empresariais da farmacéutica, que nace en 1939. Home de indescritible enxeño para os negocios, José Fernández López entende que os subprodutos dos seus matadoiros industriais poden usarse en farmacia, para elaborar compostos tonificantes e vitamínicos. E combínao coa explotación do caruncho. Así nace Zeltia, á que se incorporan os científicos do Miguel Servet. Co mérito engadido de que se trataba de represaliados polo réxime polo seu pasado galeguista e republicano.

Zeltia acolleu a varios científicos represaliados pola dictadura

O éxito de Zeltia é coñecido. Dende a súa base no Porriño, desenvolverán novos fármacos, aproveitando a riqueza da flora medicinal galega. Fanse plantacións de centeo para producircornezuelo de forma industrial. E fabrícanse substancias como a efedrina, a insulina, vacinas, vitaminas e pesticidas ou funxicidas.

Zeltia conseguirá que a súa marca ZZ se converta no líder entre os pesticidas agrícolas en España. E en 1945, os Fernández López participarán na creación da empresa Antibióticos, S.A. ou entaboarán acordos estables con multinacionais como Cooper e Robertson.

De  Zeltia xurdiu un imperio que ten hoxe o seu buque insignia en Pharmamar, a empresa que dirixe José María Fernández-Sousa. Pero todo comezou con ao cornello, cornecho, dentón, corno ou grao de corvo. O caruncho do centeo, que deu a Galicia a súa primeira industria farmacéutica.

28 respostas a “O alucinóxeno que creou a industria farmacéutica galega”

  1. miquel

    Buen artículo! Muy interesante. Como la página es gallega, pues està en gallego. Todos los castellanoparlantes son capaces de leer y entender perfectamente gallego y catalàn. Otra cosa es superar prejuicios. Eso es más complicado.

  2. Xoán

    Ai dior mio, os monolingües decindolle aos bilingües, trilingües ou ate catrilingües, décindolles que tenhen que falar en monolingüe.

    Máis vos compría ter estudiado dúas linguas cando erades pequenos, e non chorariades tanto, cando pasarades ó norte dos Pirineos, ao sur de Gibraltar, ou ao oeste de Badaxoz.

    Sobre o artigo, que é o que nos interesa: Xenial para coñecer un pouco da historia das empresas que fixeron país.

    En Compostela hai unha panaderia moi boa en Vistaalegre, que se chama Cornecho, o pan está moi bo, para min que lle meten algo de grao de corvo…

  3. Antonio Montero

    Hola amigo Rolland.
    Te felicito en general por el trabajo, sin embargo considero conveniente matizar alguna cosilla que no es precisa e invita a muchas tergiversaciones. Veras: Zeltia SA es un nombre que aparece registrado en 1934 en Portugal, la imagen corporativa es un haz de Centeno. Registrada a nombre del intelectual Ramón Ovella, este personaje consigue una concesión en Porriño para plantación de plantas medicinales y se ponen a producir medicamentos. Son buenos fabricantes e investigadores pero muy mal ejecutivos para distribuir sus productos al resto de España y la GC se los fagocita por así decirlo. Están ya en Porriño y en Agosto del 39 se asocian con un productor de Carne que son los hermanos Fernández López con mataderos en Porriño, Lugo y Merida, buenos comerciantes y disponen de materias primas necesarias para la fabricación de medicamentos. De esa asociación de intereses procede Zeltia SA y su imagen corporativa es una svastica que sigue siendo en la actualidad, en realidad es la imagen de un trisquelido o proteína, es desarrollada por Xaime Isla Couto.
    Calvet, Faustino Cordón, León Maroto, Isidro Parga y tantos otros son científicos represariados por Franco y algunos condenados a muerte en la Isla de San Simón cono Don Alvaro Gil Varela, a la sazón declarado Galleguista y detenido en Pontevedra en casa de unos amigos, la familia Coca cuya hija se casaría con Xaime Isla Couto. todos estos señores ven la libertad gracias a que Franco llama en el 40-41 a Don José Fernández y le pide Carne para el frente alemán para pagar parte de la deuda. Don José le dice que el puede producir carne pero necesita hombres con conocimientos y que esos hombres están en prisión. Franco sin mediar palabra le pone delante dos folios y su pluma para que escribiera los nombres y Don José escribió los dos folios y le pidió otros dos que Franco le aporta y ya finalmente a Don José le fallaban los nombres y ya no se acordaba y dio por finalizada la operación. Curiosamente toda esa gente fue liberada y puesta a disposición de Zeltia, y nosotros trabajamos con ellos y vivieron muchos años. Esa es la historia abreviada.
    Un abrazo

  4. Gonzalo

    Que no empiecen que si gallego que si castellano. cada un que fale o escriba como que quiera, sin meterse con el otro, y menos faltar, como lo de enterao, de no recuerdo quien, ni importa.

  5. Matilde

    Un articulo buen’isimo. Se entiende estupendamente. El cornezuelo de centeno lo conocía por la obra imprescindible de Camporesi: El pan salvaje

  6. Fran

    Pues de este hongo del cornezuelo, lo que sintetiza es el LSD o dietilamida del ácido lisérgico, un alucinógeno, del que se quemaban brujas enloquecidas en el medievo.

    Ahora se vende en pastillas ilegalmente para la juventud más atrevida….

    • Pedro

      Hola Fran, las pastillas no contienen LSD, suelen contener MDMA (o a veces adulterantes). Puedes consultar fuentes como energycontrol o ectasydata. Una dosis de LSD se mide en microgramos (ug). Su presentación en el mercado negro suele ser un trozo de cartón secante (conocido como tripi) o un minúsculo punto (parecido a una semilla de albahaca) llamado micropunto.
      Decir que los cartones de LSD o los micropuntos no son las drogas más deseadas por los jóvenes debido a que puede provocar “malos viajes” y muchos usuarios prefieren sustancias más seguras en cuanto a estado mental se refiere (ya que a nivel físico la LDS es de las más seguras). Por cierto, una pena que sólo esté en gallego, que a pesar de que me encanta la lengua, me cuesta entender algunas partes. En otros países también se sintetizó esta sustancia y curiosamente la presentación era la misma. Buscar “delysid” de la farmacéutica Sandoz en el buscador.

  7. Cojonudo, me parece una información excelente y poco conocida.
    Yo recuerdo haber leído mención a grupos de personal de farmacéuticos que se pasaban por las aldeas, y que el cornezuelo se recogía para ellos.

    Creo que la mención está en el Dioscorides Renovado de Pio Font Quer, pero hablo de memoria.

    Excelente post, pero mejoraría mucho con una traducción al castellano para todos los lectores que no entiendan gallego. 🙂

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.