Dolmen de Dombate, un dos emblemas do megalitismo en Galicia. Imaxe: Marta Arias López / CC BY-SA 2.0.

Dolmen de Dombate, un dos emblemas do megalitismo en Galicia. Imaxe: Marta Arias López / CC BY-SA 2.0.

Mortos ricos e mortos pobres no Neolítico

Un estudo da universidade do País Vasco e Oxford expón que as clases inferiores eran soterradas en covas, mentres que os de maior rango tiñan foxas monumentais

Unha análise isotópica de restos atopados en tumbas e covas megalíticas de España apunta a que existían grandes diferenzas na forma de vida das persoas enterradas en covas ou fosas monumentais durante o Neolítico, segundo un estudo publicado na revista PLOS ONE por Teresa Fernández Crespo e Rick Schulting, das universidades do País Vasco e Oxford. Ademais, o traballo ofrece novas perspectivas sobre a relación entre estes enterramentos e o estilo de vida, a dieta, a subsistencia e a aparición da desigualdade socioeconómica neste período en Europa Occidental.

“Compartían espazo pero tiñan vidas distintas”, di Teresa Fernández

“Utilizando análises de isótopos estables de carbono e nitróxeno de restos humanos e animais, a nosa investigación identificou diferenzas significativas entre as persoas enterradas en covas e tumbas megalíticas do Neolítico tardío no centro e no norte de España”, di Fernández Crespo, autora principal do estudo, en declaracións á Axencia Sinc. “Isto implica que, a pesar de vivir en estreita proximidade, estas comunidades tiñan vidas distintas que implicaban unha división da paisaxe”, engade.

Investigacións anteriores sobre as prácticas funerarias do Neolítico en Europa Occidental revelaran variacións na localización e o tratamento dos enterros, pero o seu significado era difícil de interpretar.

Para estudar máis a fondo as implicacións das diferentes prácticas de enterramento dentro de una mesma localización e período de tempo, os autores  analizaron as medicións de isótopos de carbono e nitróxeno de coláxeno óseo de 166 individuos. Fixérono nunha serie de monumentos mortuorios e covas estreitamente contemporáneas do Neolítico Tardío (3.500 a 2.900 a.C.), situados de forma moi próxima no centro-norte de España, como a Chabola de la Hechicera, en Ávila.

A Chabola de la Hechicera, en Álava, e ao fondo, a Cordilleira Cantábrica, onde se ubican as covas incluídas no estudo. Foto: Teresa Fernández Crespo / UPV.

A Chabola de la Hechicera, en Álava, e ao fondo, a Cordilleira Cantábrica, onde se ubican as covas incluídas no estudo. Foto: Teresa Fernández Crespo / UPV.

A análise isotópica destas foxas e covas megalíticas suxire unha dieta na súa maioría constituída por trigo e cebada, así como o consumo dunha cantidade substancial de proteínas de gando vacún e ovino. Ademais, o traballo apunta diferenzas moi significativas de isótopos de carbono entre persoas enterradas nos dous tipos de xacementos funerarios.

“Estas diverxencias parecen estar correlacionadas coa elevación do terreo, temperatura e precipitación, o que implica que o uso da terra repartíase a unha escala sorprendentemente local”, sinala o traballo.

Os autores propoñen dúas posibles explicacións. A primeira é que esta división da terra podería indicar diferentes clases socioeconómicas dentro de una mesma comunidade. As clases inferiores estarían enterradas en covas con acceso restrinxido aos recursos agrícolas. Os individuos de maior rango na comunidade serían enterrados en fosas monumentais cuxa construción implica un considerable investimento de man de obra.

Alternativamente, tamén consideran a posibilidade de que esta división da paisaxe poida involucrar a diferentes poboacións, con prácticas funerarias distintas e con economías de subsistencia que diverxían nalgún aspecto.

Futuras investigacións sobre a dentina “tecido intermedio brando” e o esmalte irán enfocadas a identificar a idade na que apareceron as diferenzas isotópicas e os diferentes patróns de mobilidade e uso da paisaxe nesta área.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.