Venres 29 Marzo 2024

A “espada Excalibur” da arte rupestre galega

O pasado verán, os arqueólogos que traballan no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro toparon con dous novos petróglifos. Un deles, na zona do Outeiro de Chan da Isca, era “moi pouco usual na arte rupestre”, único en Galicia, pola súa composición da segunda arma máis grande atopada no noso territorio. Nel destacaba un arma de grandes dimensións en posición pasiva rodeada dun conxunto de vinte e tres pequenos cervos. Foi unha das descubertas máis importantes do parque nos últimos anos. Bautizárono co nome de “A manada de cervos de Excalibur“, en alusión á lenda artúrica.

Os responsables do achado, Alia Vázquez e Miguel Carrero, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN) da USC, e Benito Vilas, do Parque de Campo Lameiro, subliñaron naquel momento ao Xornal da USC que o petróglifo “fai reformularse teorías previas entre as asociacións de armas e animais, e axuda a comprender máis amplamente a dimensionalidade e potencial da arte”. Do mesmo xeito, apuntaban que o achado “mostra todo o que aínda nos queda por coñecer e os descubrimentos que están por vir”.

Publicidade

Esta mostra do arte rupestre galego atopouse a través de técnicas de rexistro fotogramétrico en 3D, dentro dun traballo que leva a cabo o GEPN, e do que se agardan en breve novos e importantes resultados.

Agora, o seguinte paso na divulgación deste achado é a súa presentación ao público. O vindeiro 8 de abril terá lugar no Parque de Campo Lameiro o curso “Narrativas da arte rupestre galega“, no que participarán investigadores do noroeste de España. Os organizadores aproveitarán a ocasión para presentar aos asistentes o petróglifo da “espada de Excalibur” a través dunha visita nocturna. Está previsto que ao longo deste ano, e ante a importancia deste novo gravado, se creen novos itinerarios e actividades arredor del.

 

2 COMENTÁRIOS

  1. Sóo quería facer una puntualización a Antonio, cando se fan afirmacións demagóxicas tan baratas por lo menos decir a verdade, pois e falso que Chan da Isca saira en 140.000€, pois costou a intervención 11.555,50€

  2. Os traballos en 3D estamos facendoo alguns de maneira altruista, por exemplo esta : https://www.facebook.com/photo.php?fbid=1564583686903304&set=a.100594933302194.1115.100000550625785&type=3&theater
    con descobertas en rochas que levan mais de cen anos sendo visitadas e algunhas delas xestionadas por empresas similares as do PAAR de Campo Lameiro. De todolos xeitos Chan da Isca saenos ben cara, mais de 140 000€ invertidos nunha soa estacion rupestre, mentras o resto dos petroglifos de Galiza apenas recibiron 8€ por ano durante os ultimos catro anos, segun cifras da Consellería de Cultura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal compartían no Paleolítico un corpus artístico que revela nexos culturais

Dúas investigacións descobren os paralelismos existentes entre representacións de máis de 9.000 anos de antigüidade en Cova Eirós e o val do Côa

Laxe dos Bolos, un petróglifo referente da arte rupestre en Galicia

Un libro recolle o traballo arqueolóxico coordinado por Elena Cabrejas Domínguez, arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio

Tres turistas entran en Cova Eirós e provocan un incendio de 5.000 metros no monte

É o xacemento de arte rupestre máis antigo de Galicia, que logrou salvarse grazas á colaboración dos veciños que deron a alerta do lume

Un cura, unha feligresa e unha profesora: así foi a recuperación dun baldaquino do século XVI

Un cura, unha feligresa e unha profesora: así foi a recuperación dun baldaquino do século XVI