Venres 29 Marzo 2024

Descobren en Friol un dolmen “en excelente estado de conservación”

Arqueólogos do Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo, dependente da Consellería de Cultura, atoparon no monte veciñal de Vilalvite, en Friol, un dolmen que estaba sen catalogar e que se atopa “en excelente estado de conservación”. Así o anunciou a Xunta na súa web, engadindo que o monumento funerario ten unha altura de 1,20 metros e un túmulo “moi rebaixado”, dun diámetro de 6,30 metros e que conserva menos dun metro de altura.

Persoal da brigada da Consellería de Medio Rural na zona avisou da existencia do monumento, polo que se realizaron labores de limpeza da maleza que cubría o xacemento. Unha vez limpa a zona, os arqueólogos da Xunta xa comezaron a traballar no lugar para recabar toda a información posible sobre o monumento e iniciaron o proceso para incluílo no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. Segundo as primeiras observacións, constataron que conserva a planta na súa integridade e é un dos dolmens mellor conservados dos que se coñecen na provincia de Lugo.

Publicidade

A estrutura, coa entrada orientada ao leste-nordeste, consta de sete esteos chantados, unha lousa de cuberta (de 1,90 metros no eixe norte-sur e 1,50 metros no eixe leste-oeste e un grosor de entre 17 e 30 cm.) algo desprazada da súa ubicación orixinal, e un oitavo chanto, depositado no chan, que podería corresponderse con outra lousa de cuberta.

Segundo destaca a Xunta na súa nota de prensa, o descubrimento reafirma “a riqueza do megalitismo no concello de Friol”, onde existen “arredor de 250 túmulos inventariados”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble