Escea familiar nun dos catro novos debuxos descubertos.

Escea familiar nun dos catro novos debuxos descubertos.

Descobren catro novos debuxos de Picasso na Coruña

Os deseños foron realizados entre 1894 e 1896, cando era un mozo que facía a súa primeira exposición

Aparecen catro novos debuxos de Picasso da súa etapa na Coruña. Un estudo realizado polo Centre d’Art d’Època Moderna (CAEM) da Universitat de Lleida, que leva 17 anos investigando e afondando no coñecemento de obras de arte, permitiu atribuír ao artista estes catro traballos realizados entre 1894 e 1896. Os debuxos, a tinta, lapis de carbón ou lapis de grafito, captan o ambiente doméstico do neno, no que predominan escenas familiares co seu pai.

A grafía da firma -semellante á de obras que se conservan no Museo Picasso de Barcelona-, o tipo de papel, a técnica utilizada, o trazo… moitas foron as análises feitas polos expertos para chegar á conclusión de que son catro novas obras do pintor malagueño.

Os debuxos pertencen a unha colección particular, dunha familia da que non se revelou a identidade, pero que se dirixiu ao CAEM porque sospeitaban que eses papeis carrapateados con trazos de lapis podían encaixar coas primeiras obras de Picasso cando era un neno na Coruña.

Os debuxos pertencen á colección particular dunha familia 

Estes debuxos formarían parte da extensa produción de apuntamentos e esbozos de Pablo Ruiz Picasso na súa etapa formativa máis temperá, entre os 13 e 14 anos de idade. O número 20 da céntrica rúa Real foi o lugar elixido polo mozo pintor en 1895 para mostrar os seus primeiros traballos. Foi unha exposición que lle reportou as súas primeiras boas críticas na prensa. La Voz de Galicia escribía ao día seguinte da inauguración: “Non están mal debuxadas, o colorido é acertado e a entoación é bastante boa e todo iso resulta superior se se ten en conta a idade do artista (…) Continúe desa maneira e non dubide que alcanzará días de gloria e un porvir brillante”.

Agora, estes novos catro debuxos engádense á vasta obra do pintor malagueño e poñen un valor engadido á súa relación coa Coruña.

Aquí podes ver o documento do estudo e os catro novos debuxos

picasso 2

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.