Vista aérea do castro de Viladonga incluída nun audiovisual da nova web.

Vista aérea do castro de Viladonga incluída nun audiovisual da nova web.

O castro de Viladonga estrea un novo portal con visitas virtuais

A nova web inclúe espectaculares vídeos en 360 graos deste poboado castrexo situado en Castro de Rei (Lugo)

O Museo do Castro de Viladonga estrea páxina web e faino cun portal que permite realizar un percorrido polas súas salas de exposición permanente e acceder ás pezas máis destacadas da colección, a maioría en formato tridimensional en movemento realizadas mediante fotogrametría ou xiro 360º, o que permite contemplar os obxectos desde todos os ángulos.

A Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) puxo en marcha esta nova páxina sobre Viladonga co obxectivo de “enriquecer a experiencia que supón a visita ao complexo, ofrecer información completa sobre as súas coleccións e contidos, así como dar a coñecer entre a cidadanía o labor que vén realizando o museo”.

A fotogrametría permite visitar as salas da exposición permanente do castro

Baseado nun deseño visual e adaptativo, o web abre cun vídeo que ofrece unha imaxe aérea de toda a estrutura do castro. Destaca no portal o apartado multimedia, con vídeos sobre a historia do castro, o seu contorno natural e as escavacións realizadas en anos anteriores. Este material audiovisual complétase cunha galería fotográfica arredor das actividades desenvolvidas no museo, así como da fauna e da flora do castro.

O portal tamén inclúe un enlace que dá acceso ao catálogo dixital das coleccións do museo xestionado pola Xunta de Galicia, na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España Rede Dixital de Coleccións de Museos de España (Ceres).

Ademais, a páxina web está deseñada para facilitar a navegación desde móbiles e tabletas, cun deseño “responsive”, baseado en estruturas e imaxes fluídas que se adaptan ao tamaño da pantalla desde a que se visita a páxina.

Aquí podes acceder
á nova web do castro de Viladonga

Unha resposta a “O castro de Viladonga estrea un novo portal con visitas virtuais”

  1. iolanda teixeiro

    Espero que protexan este castro con vixilancia porque este verao andava un neno a brincar por riba das pedras e tivo que ser un visitante quen lle reprimiu e ainda o pai tivo máis que dizer.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.