Venres 29 Marzo 2024

Un mapa enerxético 3D das cidades de España

Sensor térmico usado na investigación.
Sensor térmico usado na investigación.

Gran parte da factura da calefacción das nosas vivendas pérdese no aire por un mal illamento térmico. En Europa, preocupa este desfilfarro, que ten custos económicos e medioambientais. Así que a UE e o Goberno de España financian un gran estudo para coñecer o alcance da perda enerxética. Enxeñeiros da Universidade de Vigo traballan xunto a Universidade de Salamanca e a empresa privada para facer un retrato do país. Para iso, empregan “drones” e cámaras de alta tecnoloxía. 
No proxecto Ensmart converxen os esforzos de investigadores das universidades de Vigo e Salamanca, a spin-off da Universidade de Vigo Enxeñaría Insitu e as empresas Marsan e Dinsa, esta última coordinadora da iniciativa. As cinco entidades están a traballar no deseño dun mapa enerxético en tres dimensións das zonas urbanas de España que achegará datos sobre a cualificación enerxética dos edificios para poder mellorar a súa eficiencia. O obxectivo do proxecto é contar con mapas enerxéticos tridimensionais que permitan o coñecemento dos consumos enerxéticos dos edificios, para mellorar a eficiencia enexética tanto en contornas profesionais como domésticas.
Cunha duración de tres anos, Ensmart arrancou en 2012, aínda que as universidades se incorporaron no 2013. O grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da ETSE de Minas encárgase, xunto cos investigadores de Salamanca, de compilar a información sobre a envolvente térmica de edificacións en diferentes lugares de España para crear este mapa tridimensional. O investigador do grupo vigués Pedro Arias explica que “as institucións académicas se ocupan do modelado enerxético, é dicir, de recoller a información”, para o que deseñaron e implementaron tres vehículos que toman os datos da envolvente térmica dos edificios tanto dende terra como dende o aire. Dinsa e Enxeñaría Insitu ocuparanse da análise da información recollida, estimando o comportamento das edificacións e realizando as correspondentes recomendacións. Pola súa banda, a empresa valenciana Marsan céntrase no eido da seguridade e a saúde.

Un avión non tripulado e veículos especiais fan o traballo de campo

O proxecto está cofinanciado polo Ministerio de Economía e Competitividade e a Unión Europea, a través dos fondos Feder e ao abeiro do programa Unha maneira de facer Europa. Conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros, un terzo dos cales son achegados por Dinsa.
Arias explica que “con este proxecto preténdese facer modelados ambientais urbanos dende a perspectiva enerxética, é dicir, determinar o comportamento de edificios dende este punto de vista”. Para iso estase a facer un modelado de fachadas de diferentes contornas urbanas de todo o país para identificar os puntos de fuga de enerxía, os puntos quentes, etc. Para isto os investigadores deseñaron tres vehículos equipados especialmente para recoller este tipo de datos, un deles percorrerá as rúas das cidades e os outros dous recollen información dende o aire.
Xerarase posteriormente un informe cos resultados de cualificación enerxética que achegará, segundo os investigadores, “maior información que a proporcionada actualmente polos informes xerados polos programas de cualificación usados”. Esta información pode ser de grande utilidade para os procesos de auditoría enerxética desenvoltos por empresas de servizos enerxéticos e polas administracións públicas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

FREEdron, unha cartografía múltiple de Galicia

O dispositivo de captura de datos cartográficos da empresa lucense é unha aposta de futuro no eido da tecnoloxía xeoespacial aplicada ao territorio galego

Unha galega crea un sistema de visión artificial que mide a calidade da lousa

O deseño feito pola enxeñeira de minas Carla Iglesias, da UVigo, aportará grandes avances para o sector da lousa

A Sociedade Internacional de Mecánica de Rochas recoñece a Javier Arzúa, da UVigo

A Sociedade Internacional de Mecánica de Rochas -ISRM, polas súas siglas en inglés-...

Londres planeou minar os portos galegos na II Guerra Mundial

Desclasificado un plan secreto dos aliados para bloquear os portos de Vigo e Ferrol e impedir as escalas de U-boot