Foto de familia dos galardoados na II edición dos premios Galicia Spin-off

Foto de familia dos galardoados na II edición dos premios Galicia Spin-off

En marcha a terceira edición dos premios Galicia Spin-off

Banco Pastor e GCiencia convocan unha iniciativa que recoñece o traballo das empresas máis innovadoras

A III edición dos premios Galicia Spin-off arranca hoxe e ata o día 18 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición destes galardóns que convocan Banco Pastor e GCiencia. Como xa ocorrera en edicións anteriores,  a convocatoria está aberta a todas as empresas que teñan algún tipo de vinculación coas universidades galegas, tanto no apartado Idea Emerxente (que premia ás empresas e ideas máis innovadoras) coma no de Selo de Calidade (que distingue as traxectorias empresariais máis destacadas).

Os promotores dos premios queren recoñecer a transferencia de coñecemento entre a Universidade e a Empresa e alentar o emprendemento que xorde dende os grupos de investigación universitarios.

Na segunda edición os gañadores foron All Genetics e Galchimia

No apartado de Idea Emerxente, os premios Galicia Spin-off distinguirán a creación dunha nova spin-off ou empresa vinculada ao ámbito universitario ou a aplicación dun novo coñecemento, proxecto ou idea desenvolvida recentemente. A empresa gañadora recibirá 2.000 euros en metálico, unha peza de deseño exclusivo e unha oferta de financiamento do Banco Pastor. Tamén haberá un finalista neste apartado que recibirá unha peza de deseño exclusivo e unha oferta especial de financiamento do Banco Pastor. O ano pasado a empresa gañadora neste apartado foi a compañía coruñesa All Genetics, vinculada á Universidade de A Coruña e que realiza investigacións no área do xenoma,  e a finalista foi Lupeon, unha empresa que opera no campo da impresión 3-D.

O apartado Selo de Calidade premiará á aquela empresa que consolidase ao longo do tempo unha traxectoria empresarial de prestixio. A gañadora recibirá unha peza física de deseño exclusivo e unha oferta especial de financiamento do Banco Pastor. O ano pasado resultou gañadora neste apartado a empresa compostelá Galchimia, cunha longa traxectoria no campo da Química Orgánica.

As empresas interesadas en participar nos premios terán que remitir a súa candidatura ao enderezo de email galiciaspinoff@gmail.com e obterán toda a información necesaria na web que o portal GCiencia, na sección Galicia Spin-off do seu site Empresa. Entre os datos que se solicitan aos participantes atópanse unha breve descrición da actividade da empresa e dos méritos que xustificarían a concesión do premio. Ademais poderán achegar documentación complementaria para xustificar a súa candidatura. Un xurado formado por autoridades do mundo universitario, empresarial e de institucións vinculadas á ciencia elixirá aos gañadores, que se darán a coñecer ao longo do mes de xullo.

O xurado está formado por autoridades do mundo universitario, empresarial e institucional

Despois da integración de Banco Pastor no Grupo Banco Popular, Galicia é o primeiro mercado para o banco, xa que é nesta Comunidade é onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en crédito como en depósitos. Popular conta en Galicia con 254 oficinas e preto de 700.000 clientes, dos que máis de 123.000 son pemes, autónomos e comercios. Ademais, continúa co seu apoio aos emprendedores e aos empresarios galegos, e boa proba delo son os máis de 1.200 millón de euros de novo financiamento concedido ao segmento de pemes durante 2016. En definitiva, Popular e Pastor teñen unha forte aposta por Galicia e as súas familias, empresas, autónomos e comercios.

GCiencia é unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. que se ten convertido no medio de comunicación de referencia da ciencia en Galicia. GCiencia foi galardoada recentemente co Premio de Xornalismo Dixital polo Foro da Comunicación de Galicia, e participa nos programas de Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía e Competitividade.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.