Sábado 20 Abril 2024

60 proxectos de investigación nacen da Factoría de Innovación

60 novos proxectos de innovación, 42 de carácter individual e 12 froito da cooperación entre distintas empresas, dos que nove xa foron presentados a programas públicos de I+D+i. Este é o resultado da 2ª edición da Factoría de Innovación de Vigo, unha iniciativa impulsada pola Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria, o Consorcio da Zona Franca e a Universidade de Vigo co obxectivo de favorecer o emprendemento e a implantación de iniciativas de I+D+i nas pequenas e medianas empresas do sur de Galicia. A xornada de clausura tivo lugar este luns no Consorcio da Zona Franca e contou coa participación da delegada do Estado, Teresa Pedrosa; do reitor, Salustiano Mato, e do director da Área de Desenvolvemento de Pemes da Escola de Organización Industrial, Javier Benito.

Lema de Factoría de Innovación.
Lema de Factoría de Innovación.

Estes novos 60 proxectos de I+D+i foron desenvoltos por 36 empresas de distintos sectores (servizos, construción, naval, alimentación, novas tecnoloxías, enxeñaría, téxtil…) que participaron no Programa de Adestramento Individualizado, que supuxo máis de 1300 horas de consultaría, distribuídas en 252 sesións de traballo individualizado, nove sesións de grupo e 285 horas de seguimento semanal remoto. En xeral, segundo se expuxo nesta xornada de clausura, as empresas deseñaron plans de innovación centrados nas mellora dos seus produtos e procesos, na modernización e optimización da súa xestión,na apertura de novas liñas de negocio e novos nichos de mercado, na dixitalización dos seus servizos ou no incremento do volume de negocio.
Desde a posta en marcha desta iniciativa no ano 2012 participaron nas dúas edicións da Factoría de Innovación un total de 64 empresas que, tras recibir máis de 2.500 horas de consultaría, puxeron en marcha 79 proxectos de I+D+i , ao que hai que engadir 1.300 profesionais de distintos sectores que tiveron tamén a oportunidade de asistir a diferentes xornadas de carácter aberto. Neste contexto Salustiano Mato lembrou na súa intervención que a Universidade de Vigo aspira a transferir o seu talento e o seu saber facer ao ámbito empresarial, para que poida medrar e teña “mellores produtos e un mellor futuro” e, na mesma liña, fixo referencia a que a Universidade tamén traballa por “erradicar” o concepto de I+D+i ligado ás subvencións. “O tecido empresarial, canto máis absorba a innovación , creará máis emprego, emprego de calidade e reterá máis talento formado na Universidade”, remarcou Mato, que manifestou que a Universidade participa nestes proxectos de cara a fortalecer a contorna empresarial e así “dar oportunidades aos egresados”.

1.300 profesionais de diversos sectores asistiron ás xornadas de formación

Pola súa banda, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, subliñou que a Factoría de Innovación responde a dous dos principais obxectivos da institución: promover a consolidación das empresas existentes e fomentar a innovación, a internacionalización e o emprendemento, todo co fin de “crear máis riqueza e mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.
Desde a Escola de Organización Industrial, Javier Benito, sinalou nesta xornada de clausura que as empresas que participaron no programa conseguiron “mellorar os seus negocios e vender máis” e que, ao longo desta edición, houbo un “alto grao de satisfacción” por parte das empresas participantes, ao que engadiu palabras de eloxio para a factoría viguesa, xa que, fronte a outros programas con maior orzamento, en poucos lugares se puxeron en marcha “tantos proxectos de innovación”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inaugurado o edificio do Campus da Auga en Ourense

O novo inmoble, que custou 4,5 millóns de euros, acollerá 16 laboratorios de investigación e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

A empresa aeronáutica Delta amplía por terceira vez as súas instalacións en Nigrán

O Consorcio da Zona Franca de Vigo asinou o acordo de venda de dúas novas parcelas no polígono de Porto do Molle

Zona Franca e UVigo crean a Cátedra Ardán de investigación económica

A nova cátedra dotará con 60.000 euros os traballos de análise da realidade da economía galega

A empresa aeronáutica Delta Vigo amplia as súas instalacións en Nigrán

A Zona Franca asinou coa compañía o acordo de compra de dúas novas parcelas, no que será a maior planta de fabricación do grupo