Castro Caldelas e Mondoñedo entran na lista das vilas máis fermosas de España

Dúas recoñecibles paisaxes das vilas de Mondoñedo e Castro Caldelas: a catedral e o castelo.
Dúas recoñecibles paisaxes das vilas de Mondoñedo e Castro Caldelas: a catedral e o castelo.
Dúas recoñecibles paisaxes das vilas de Mondoñedo e Castro Caldelas: a catedral e o castelo.
Dúas recoñecibles paisaxes das vilas de Mondoñedo e Castro Caldelas: a catedral e o castelo.

Galicia xa ten representantes na lista das vilas máis fermosas de España. A asociación que coordina esta rede xa inclúe a Castro Caldelas e Mondoñedo como as dúas primeiras vilas galegas da organización, que naceu no ano 2011 a nivel estatal, seguindo as iniciativas xa existentes noutros países.

A entidade ten por obxectivo o coidado e recuperación do patrimonio histórico das vilas españolas, fomentando o coñecemento, a conservación, o mantemento e o turismo destas localidades. Coincidindo coa celebración de Fitur en Madrid, o pasado mes de xaneiro, os responsables da rede entregáronlle a súa certificación ás once novas localidades elixidas. En total, xa son 68 en todo o territorio español.

Publicidade

Para conseguir a súa acreditación, Castro Caldelas e Mondoñedo tiveron que superar unha auditoría de calidade de máis de 40 indicadores. Entre os requisitos, a rede esixe ter unha poboación menor de 15.000 habitantes e un patrimonio arquitectónico ou natural xa certificado. Alén disto, a auditoría avalía aspectos como a limpeza, a conservación das fachadas, a circulación de vehículos, zonas de estacionamento, o cuidado das zonas verdes e florais, o tratamento dos carteis e insignias publicitarias, etc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.