A serpe atopada no forno.

A serpe atopada no forno.

Unha serpe de 80 centímetros dentro do forno

A Policía Local de Vigo retira dunha vivenda este reptil que foi liberado pois é dunha especie autóctona

A serpe atopada no forno.

A serpe atopada no forno.

Estaba no forno da súa cociña. Unha veciña da parroquia viguesa de Comesaña sorprendeuse cando atopou unha serpe de 80 centímetros. A Unidade Medioambiental de Intervención Rural (UMIR) retirou o ofidio, que posteriormente foi liberado nunha zona afastada das vivendas, xa que se trata dunha especie autóctona.

A Policía Local remarcou que ao chegar o verán “é frecuente” detectar a presenza de serpes preto das vivendas do arrabalde da cidade, algunhas das cales se poden atopar nos xardíns e poden chegar a acceder a garaxes e domicilios.

En Galicia habitan oito especies distintas de víboras e cobras, pero de todas elas só dúas son velenosas. A primeira é a víbora de Seoane (Vipera seoanei), que está distribuida por todo o territorio, pero adoita ser fuxidía co ser humano. A segunda é a víbora fociñuda (Vipera latasti), menos común en Galicia e cun veleno menos perigoso que o da de Seoane. O reto de serpes non supoñen risco para o ser humano.

E na nosa reportaxe podes ver as oito víboras e cobras de Galicia (só dúas delas son velenosas)

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.