Un cúmulo de estrelas na constelación de Carina

cúmulo estelar NGC 3590
Nesta colorida nova imaxe obtida polo telescopio MPG/ESO de 2,2 metros no Observatorio La Silla de ESO, en Chile, vemos o cúmulo estelar NGC 3590. Estas estrelas brillan fronte a unha impresionante paisaxe de manchas escuras de po e coloridas nubes de gas brillante. Este pequeno encontro estelar revela aos astrónomos algunhas claves sobre como se forman e evolucionan estas estrelas, ao tempo que nos dá pistas acerca da estrutura dos brazos espirais da nosa galaxia, informa a NASA. NGC 3590 é un pequeno cúmulo aberto de estrelas que se encontra a uns 7.500 anos luz da Terra, na constelación de Carina (a Quilla). Está formado por ducias de estrelas vagamente ligadas pola gravidade e ten uns 35 millóns de anos. Non se trata só dun cúmulo bonito: é moi útil para os astrónomos. Mediante o estudo deste cúmulo tan particular – e outros próximos- os astrónomos poden explorar as propiedades do disco espiral da nosa galaxia, a Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.