Un astronauta captura os lendarios chorros azuis

Os científicos debateron durante anos sobre a existencia do fenómeno agora descrito por científicos do IAA. Foto: Andreas Mogensen.
Os científicos debateron durante anos sobre a existencia do fenómeno agora descrito por científicos do IAA. Foto: Andreas Mogensen.
Os científicos debateron durante anos sobre a existencia deste fenómeno.
Os científicos debateron durante anos sobre a existencia deste fenómeno.

Durante anos, os científicos debateron sobre a súa existencia. Efémeras descargas eléctricas na alta atmosfera, bautizadas co nome de espectros vermellos, chorros azuis, trasgos ou elfos. Numerosos pilotos de avión afirmalon telas visto, pero resultan moi difíciles de estudar, xa que se producen por riba das tormentas eléctricas.

En 2015, durante a súa misión na Estación Espacial Internacional, o astronauta danés Andreas Mogensen encargábase de fotografar as tormentas eléctricas desde o espazo, coa axuda da cámara máis sensible da que dispoñía a estación.

Publicidade

Tras máis dun ano de estudos, o Instituto Nacional do Espazo de Dinamarca vén de publicar os resultados, que confirman a aparición de grandes escintileos, os lendarios chorros azuis, a 18 quilómetros de altitude, incluíndo un chorro pulsante que chegou a alcanzar os 40 quilómetros de lonxitude.

Naquel momento, o astronauta danés conseguiu gravar un vídeo mentres sobrevoaba unha tormenta no golfo de Bengala a 28.800 km/h. Foi a primeira vez que este fenómeno se rexistrou en vídeo.

Os chorros azuis xa se tiñan detectado anteriormente mediante satélites, pero o seu ángulo de visión non resulta adecuado para recompilar datos, algo que si se pode facer desde a Estación Espacial, dada a súa baixa órbita.

As descargas e chorros azuis son exemplos dunha parte pouco comprendida da nosa atmosfera. As tormentas eléctricas chegan á estratosfera e afectan á forma en que a atmosfera nos protexe da radiación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.