Paso do asteroide 2004 BL86 preto da Terra

Un asteroide pasará preto da Terra o próximo 26 de xaneiro

Paso do asteroide 2004 BL86 preto da Terra

O asteroide 2004 BL86 pasará a tres veces a distancia que separa a Terra da Lúa o próximo 26 de xaneiro. Polo seu brillo reflectido, os astrónomos estiman que ten medio quilómetro de diámetro. O sobrevoo de 2004 BL86 será o máis próximo realizado por unha rocha espacial coñecida deste tamaño ata que o asteroide 1999 AN10 pase pola veciñanza da Terra en 2027. No momento do seu máximo achegamento, o 26 de xaneiro, o asteroide estará a aproximadamente 1,2 millóns de quilómetros da Terra. Ese día producirase “o maior achegamento do asteroide 2004 BL86 durante polo menos os próximos 200 anos”, dixo Don Yeomans, director do Programa de Obxectos Próximos á Terra da NASA, no Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena, California. “E aínda que non representa unha ameaza á Terra no futuro previsible, representa o paso relativamente preto dun asteroide relativamente grande, polo que nos ofrece unha oportunidade única de observar e aprender máis”, salientou. Espérase que asteroide sexa observable para os astrónomos afeccionados con pequenos telescopios e potentes prismáticos. Este gráfico amosa o paso da rocha. | Imaxe: NASA/JPL-Caltech.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.