Recreación artística dos novos exoplanetas.

Recreación artística dos novos exoplanetas.

Tres novos mundos animan a busca de vida

Recreación artística dos novos exoplanetas.

Recreación artística dos novos exoplanetas.

A tan só 40 anos luz da Terra veñen de ser atopados tres exoplanetas potencialmente habitables. Ademais orbitan ao redor dunha estrela anana e moi fría, un descubrimento inédito. Estes mundos parécense ao noso e a Venus, e poden ser os mellores candidatos localizados ata agora para buscar vida fóra do sistema solar.

Na constelación de Acuario, oculta para os telescopios dos astrónomos afeccionados, sitúase a estrela TRAPPIST-1, do grupo das ananas ultrafrías, pouco máis grandes que Xúpiter e moito máis frías e vermellas que o Sol. Este tipo de pequenas estrelas son moi comúns na Vía Láctea, pero, agora, por primeira vez, foron atopados planetas ao seu redor. En concreto, tres, con tamaños e temperaturas similares ás de Venus e a Terra. Ademais, polo menos dous destes exoplanetas poden ter rexións habitables, con auga líquida que favoreza a presenza de vida.

Os tres novos mundos orbitan unha pequena e fría estrela anana

“Realmente trátase dun cambio de paradigma con respecto a que camiño seguir na nosa procura de planetas e de vida no universo”, destacou Emmanuël Jehin, investigador do Instituto de Astrofísica e Geofísica da Universidade de Liège (Bélxica) e coautor do traballo, que publica esta semana a revista Nature. “Ata hoxe, a existencia destes ‘mundos vermellos’ orbitando ao redor de estrelas ananas ultra frías era puramente teórica, pero agora temos, non un solitario planeta ao redor dunha estrela vermella débil, senón… un sistema completo de tres planetas!”.

Aínda que orbitan moi preto da súa estrela anana anfitrioa, os dous planetas interiores só reciben catro e dúas veces, respectivamente, a cantidade de radiación que chega á Terra, xa que a súa estrela é moito máis débil que o Sol. Isto colócaos nunha posición máis próxima á estrela que a zona de habitabilidade deste sistema, aínda que é posible que posúan rexións habitables nas súas superficies.

Pola súa banda, o terceiro planeta é exterior e aínda non se coñece moi ben a súa órbita, pero probablemente reciba menos radiación que a Terra, aínda que talvez sexa suficiente como para atoparse dentro da zona de habitabilidade. Os científicos non descartan que mesmo puidese estar completamente metido nesa zona.

Podes atopar todos os datos do achado
neste artigo da revista Nature

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.