Lumbrigante

Solta de 150 lumbrigantes marcados na Reserva Mariña dos Miñarzos

Lumbricante

150 lumbrigantes foron liberados onte na Reserva Mariña de interese pesqueiro dos Miñarzos (Corcubión) como parte do Plan de Repoboación que ten por obxectivo principal estudar a supervivencia dos individuos liberados e avaliar se chegan a incorporarse ao stock da súa pesquería. A actividade do Plan de Repoboación de Galicia centrouse no cultivo, marcaxe, liberación e análise dos datos de recapturas de individuos de lumbrigante, Hommarus gammarus. Actualmente, os individuos liberados proceden do resultado da actividade docente do IGaFA, e dende o Centro de Investigacións Mariñas de Corón (CIMA), en Vilanova de Arousa, lévase a cabo tanto a marcaxe dos individuos como o seguimento e avaliación dos datos de solta e recaptura. Estes datos poderían achegar información imprescindible para o coñecemento da bioloxía desta especie. Agora, o éxito deste esforzo depende da colaboración dos pescadores enviando datos de capturas e de que as persoas que se achegan á ribeira respecten e non capturen exemplares desta especie. / Foto: O Canto da Balea.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.