Eclipse-total-de-sol-desde-Indonesia_image640_

Sigue en directo a esclipse total de Sol

Eclipse-total-de-sol-desde-Indonesia_image640_

O 9 de marzo de 2016 poderase observar unha nova eclipse total de Sol desde a Terra, un acontecemento que non ocorría desde o 20 de marzo do ano pasado e que nesta ocasión só poderase ver en Indonesia. Só as nubes poden deslucir este espectáculo astronómico.

O máis impresionante é contemplar a coroa solar (como a desta imaxe, tomada en Rusia durante a eclipse de 2008), unha vez que o Sol queda  oculto pola Lúa. A coroa da nosa estrela, cuxa forma e brillo dependen da súa fase de actividade, é dun intenso branco perlado e amosa estruturas relacionadas co seu campo magnético.

Desde a cidade de Palu (Indonesia), a duración da eclipse será de 2 horas e 33 minutos. Para quen non se atopen no arquipélago asiático, terán a oportunidade de seguir a eclipse a través do portal sky-live.tv, coa explicación de varios astrónomos profesionais. A web ofrecerá dúas conexións entre as 00:25 – 00:30h e ás 01:32 – 01:42h (hora peninsular española).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.