Imaxe: Aemet.

Imaxe: Aemet.

Así avanza a seca na península Ibérica

O radar da AEMET que mide o índice de vexetación amosa notables diferenzas entre o 31 de outubro de 2014 e o de 2017

Imaxe: Aemet.

Imaxe: Aemet.

A imaxe da península Ibérica da esquerda foi tomada o 31 de outubro de 2014. A da dereita, o mesmo día deste 2017. Mais a diferenza é sensible. É unha mostra, segundo explica a Agencia Estatal de Meteorología (Aemet) do avance da seca polo territorio peninsular debido á ausencia de precipitacións e ás altas temperaturas. O 2014, segundo indica a axencia, foi “lixeiramente seco”, cun 4% menos de precipitacións que a media, mentres que 2017 foi “moi seco, cun 15% menos de chuvia que os valores medios.

Segundo explica a Aemet, a imaxe procésase cunha combinación dos datos da canle visible e do infravermello próximo do satélite NOAA-19. A vexetación reflicte a radiación do infravermello próximo, polo que é posible obter unha imaxe precisa das zonas con maior e menor presenza de vexetación.

En Galicia, a diferenza é notable, cun descenso de frondosidade, aínda que a situación non é tan preocupante, a pesar de estar xa en alerta por seca, se a comparamos con outras zonas. Nas mesetas centrais, Aragón, Extremadura ou o sur de Portugal, a ausencia de vexetación é case total.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.