Recreación da ESA da colisión da sonda Rosetta co cometa Churi.

Recreación da ESA da colisión da sonda Rosetta co cometa Churi.

Rosetta morre no seu cometa

A sonda espacial remata unha misión de 12 anos estrelándose contra o cometa Churi

Recreación da ESA da colisión da sonda Rosetta co cometa Churi.

Recreación da ESA da colisión da sonda Rosetta co cometa Churi.

Nun final espectacular da súa histórica misión, a sonda Rosetta estrelouse voluntariamente este venres no cometa 67P Churyumov-Gerasimenko (tamén chamado Churi), a tumba xeada onde descansará tras máis de 12 anos de odisea espacial, segundo informou hoxe a Axencia Espacial Europea (ESA) desde o seu centro de control de operacións. “Podo confirmar o descenso completo exitoso”, dixo o xefe da misión Patrick Martin, no centro de control da ESA en Darmstadt, Alemaña, ao tempo que anunciou o fin da misión. “Misión cumprida”, anunciou a conta de Twitter de Rosetta, en varios idiomas.

Rosetta tocou a superficie do cometa 67P Churyumov-Gerasimenko ás 10.39 (GMT) a unha velocidade de 3,2 quilómetros por hora e mandou datos durante 40 minutos máis. Os científicos cren que antes de apagarse rebotou na superficie do cometa como fixo o módulo Philae pero agora non será posible saber onde se atopa porque as comunicacións xa se interromperon.

O cometa é unha mole de xeo, pedra e po de 10.000 millóns de toneladas e un volume de 25 quilómetros cúbicos. Así terminou a misión Rosetta, que comezou o 2 de marzo de 2004, e percorreu 6.400 millóns de quilómetros ata chegar ao cometa en agosto de 2014.

CtmSNZRWcAAuwPz

A sonda Rosetta non foi deseñada para ser desconectada e por iso foi un reto para o equipo de control de voo forzala a entrar nun modo especial que se usou nas probas na Terra fai máis dunha década, segundo a ESA. Finalmente foi posible mediante un software que se cargou onte e que permitiu que cando Rosetta tocou a superficie do cometa se desconectase e deixase de enviar o sinal. Decidida en 1993 pola Axencia Espacial Europea, a misión Rosetta apuntaba a comprender mellor o Sistema Solar. Os cometas, aparecidos fai 4.500 millóns de anos, son dos obxectos máis primitivos deste sistema.

A misión, que custou 1400 millóns de euros, permitiu recoller tantos datos que van ocupar aos científicos “durante décadas”, segundo a ESA. A misión estivo marcada polas peripecias do robot-laboratorio Philae, que foi o primeiro en pousarse nun cometa, o 12 de novembro de 2014. Inerte desde que en xullo de 2015 esgotou por completo as súas baterías, Philae foi localizado a principios de setembro pola sonda.

O cometa Churi diríxese actualmente cara á órbita de Júpiter. Seguirá afastándose do Sol na súa traxectoria elíptica, ata uns 850 millóns de quilómetros de distancia do astro rei. E con el vai afastarse Rosetta, tras máis de 7.900 millóns de quilómetros desde o seu lanzamento en 2004.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.