Rosalía de Castro xa voa polos ceos de Europa como a imaxe do novo Boeing 737 da compañía Norwegian, que inaugurou este xoves o seu Boeing 737-800 matrícula EI-FVL coa imaxe da poetisa galega. A iniciativa forma parte da política desta empresa, que quere recoñecer nos seus avións a grandes personalidades da historia universal. Coa incorporación de Rosalía, xa son 85 os avións de Norwegian que levan imaxes de personaxes do mundo.
Rosalía comparte a distinción con persoas como o explorador noruego Roald Amundsen, a actriz sueca Greta Barbo, Cristóbal Colón ou Miguel de Cervantes. Da a casualidade de que Norwegian non opera con aeroportos galegos, aínda que faga este gran recoñecemento a un emblema da cultura de Galicia.
A matrícula EI-XXX corresponde a Irlanda.
E logo non mencionades que se referencia como spanish poet?
Non e importante, pero posto a salientar a icona…
«Greta Garbo» e non «Barbo»…
A ver se proximamente operan en Galicia e temos máis voos.
Saúdos.