Rosalía de Castro xa voa nun Boeing 737 de Norwegian

O Boeing 737 de Rosalía de Castro.
O Boeing 737 de Rosalía de Castro.
O Boeing 737 de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro xa voa polos ceos de Europa como a imaxe do novo Boeing 737 da compañía Norwegian, que inaugurou este xoves o seu Boeing 737-800 matrícula EI-FVL coa imaxe da poetisa galega. A iniciativa forma parte da política desta empresa, que quere recoñecer nos seus avións a grandes personalidades da historia universal. Coa incorporación de Rosalía, xa son 85 os avións de Norwegian que levan imaxes de personaxes do mundo.

Rosalía comparte a distinción con persoas como o explorador noruego Roald Amundsen, a actriz sueca Greta Barbo, Cristóbal Colón ou Miguel de Cervantes. Da a casualidade de que Norwegian non opera con aeroportos galegos, aínda que faga este gran recoñecemento a un emblema da cultura de Galicia.

Publicidade

 

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.