Kelly tras abandonar a nave Soyuz.

Kelly tras abandonar a nave Soyuz.

Regreso á Terra tras un ano no espazo

Kelly tras abandonar a nave Soyuz.

Scott Kelly. Foto: NASA.

A nave rusa Soyuz TMA-18M con tres astronautas a bordo regresou hoxe á Terra procedente da Estación Espacial Internacional (EEI), informou o Centro de Control de Voos de Rusia. O módulo de descenso aterrou nas estepas da república centroasiática de Kazaxistán á hora prevista, as 04:26 GMT, unhas poucas horas despois de separarse da plataforma orbital.

Dos tres integrantes da expedición (os rusos Serguéi Volkov e Mijaíl Kornienko, e o estadounidense Scott Kelly) os dous últimos permaneceron durante 340 días na EEI. “Hai aterraxe”, anunciou o portavoz do Centro de Control de Voos. A cápsula de descenso pousouse pendurada dun enorme paracaídas a uns 147 quilómetros da cidade de Zhezkazgan, na rexión kazaka de Karaganda, onde esperaba persoal militar de socorro.

Scott Kelly foi o máis mediático dos astronautas desta misión, con miles de fotos publicadas en Twitter e Instagram. Ao longo de case un ano retratou o planeta Terra dende o módulo Cúpula.

Ao longo de doce meses, Kelly ten exercido como “científico, médico, oficinista, granxeiro e, en ocasións, fontaneiro”, escribiu nun chío en Twitter. Nas súas habilidades como granxeiro está a primeira flor nacida na propia Estación Espacial Internacional, unha zinnia, produto dos máis de 400 experimentos que ten realizado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.