Foto: Javier Arcenillas.

Foto: Javier Arcenillas.

Unha foto da Rapa das Bestas, na final mundial do Smithsonian Photo Contest

Fotografía de Javier Arcenillas na Rapa das Bestas de Sabucedo. Foto: Javier Arcenillas.

Fotografía de Javier Arcenillas na Rapa das Bestas de Sabucedo. Foto: Javier Arcenillas.

O fotógrafo español Javier Arcenillas foi seleccionado entre os finalistas do prestixioso Smithsonian Photo Contest grazas a unha fotografía tomada na Rapa das Bestas que se celebrou o pasado mes de xullo en Sabucedo (A Estrada). A imaxe de Arcenillas opta ao premio na categoría de Mundo Natural. No pé de foto da galería, que se pode ver en National Geographic, o fotógrafo explica que a Rapa das bestas é “unha festa tradicional galega” na que “os cabalos que viven en estado semi-salvaxe nas montañas son enclaustrados nuns cercados chamados ‘curros’, onde os poldros son marcados e os cabalos adultos ‘acicalados’ antes de seren liberados”.

Entre as 70 imaxes finalistas, moitas delas impactantes, destacan outras instantáneas da natureza da península Ibérica, como esta foto tomada no Parque Natural de Cabárceno, en Cantabria.

Parella de osos no parque cántabro de Cabárceno. Foto: Alfonso Domínguez.

Parella de osos no parque cántabro de Cabárceno. Foto: Alfonso Domínguez.

O resto das imaxes finalistas pódense ver picando neste enlace.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.