Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.

Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.

O raio verde, entre as rochas do cabo Vilán

O astrofotógrafo Óscar Blanco capturou este fenómeno óptico o pasado domingo nesta zona da Costa da Morte

Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.

Parte da secuencia do raio verde tomada en Cabo Vilán por Óscar Blanco. Foto: Óscar Blanco.

O cabo Vilán, na Costa da Mortevolve ofrecer fermosas imaxes para os amantes da astrofotografía. Un lugar de premio, no que Daniel Llamas ou Daniel Lois xa conseguiran imaxes recoñecidas a nivel internacional. Agora, foi o raio verde captado polo astrofotógrafo Óscar Blanco o que deixa unha nova fotografía de gran beleza.

“Foi o domingo pasado – conta Óscar -; fun cun amigo a fotografar a posta de sol e puxémonos no camiño que vai cara o Cemiterio dos Ingleses“, á altura das praias de Reira. En principio, sinala Blanco, non tiña pensado captar o raio verde, pero a atmosfera estaba limpa e a posta de sol cadraba perfectamente entre as rochas do cabo e o illote de Vilán de Fóra.

E o raio verde apareceu. “É máis frecuente do que parece; o difícil é ‘cazalo'”, explica Óscar, que xa ten retratado este mesmo fenómeno na Coruña. A través da súa conta de Facebook e no Instagram, Óscar adoita publicar as súas mellores imaxes. Leva xa 25 anos dedicándose á astrofotografía.

Unha resposta a “O raio verde, entre as rochas do cabo Vilán”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.