A Praia dos Cristais, un areal en milleiros de cores

Esta cala situada en Laxe encandea coa súa imaxe multiculor na Costa da Morte

Praia dos Cristais, en Laxe. Foto: Wikimedia Commons.

É unha pequena cala na Costa da Morte, pero corusca coa maxia de milleiros de cores. Porque a Praia dos Cristais, situada no termo municipal de Laxe, debe a súa denominación popular ao feito de estar chea de pequenos anacos de cristal, que fan que apareza cunha area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e a erosión encargouse de desgastalo e acumulalo neste recuncho entre as rochas que hoxe se ten convertido nun atractivo turístico.

Praia dos Cristais en Laxe. (Wikimedia Commons).
Praia dos Cristais en Laxe. (Wikimedia Commons).

A praia conta cun pequeno varadoiro e un palco de pedra onde se fan actividades culturiais como un solpor poético e onde se teñen organizado actos durante a campaña ‘Nunca Máis‘. Tamén nesta cala dos cristais rodáronse secuencias da serie ‘Mareas vivas‘, da Televisión de Galicia.

Publicidade

En Asturias hai outras dúas praias dos cristais, situadas en Luanco e Astromero, aínda que neste último municipio teñen desaparecido nos últimos anos.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.