“Hoxe foi un deses días que nin eu nin os que me acompañaban esqueceremos na vida. Tes que vivilo para crelo, incluso había xente beliscándose a si mesa para asegurarse de que aquilo realmente aconteceu”. Así contaba Rodney Russ, un guía con máis de 30 anos de experiencia en viaxes de natureza, a experiencia que viviron na remota illa de Wrangel, no Ártico, xa ‘preto’ da península de Chukotka e o estreito de Bering, que separa Rusia e Alaska.
Mentres navegaban preto da costa de Wrangel, viron un considerable grupo de osos polares devorando unha gran balea boreal (Balaena mysticetus). “Contamos arredor de 150 osos de todos os tamaños e idades que se estaban alimentando da balea. Achegamos as lanchas para velo máis de preto e iso que o que levaremos con nós na memoria, non hai palabras para describilo”.